Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de abril 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e de acordo co disposto nas ordes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 8 de xullo de 1989 (DOG do 21 de xullo), e do 15 de marzo de 1990 (DOG do 23 de marzo).

A súa celebración terá lugar no edificio da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, sita na Ronda da Muralla, 197 de Lugo.

Para esta poxa rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran no expediente correspondente no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo, sito na Ronda da Muralla, nº 197 desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG da presente resolución.

As ofertas poderanse presentar, durante os vinteseis días naturales seguintes ó da publicación no DOG da presente resolución, no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo ou en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do final do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará os sobres pechados para cada oferta. O sobre «A» coa documentación administrativa e o sobre «B», coa oferta económica.

O sobre «A», que contén a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que se celebren ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

2. Os resgardos acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

3. Declaración responsable de non estar incursa en prohibición de contratar, conforme os artigos do 15 ó 20 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Os que acrediten a cualificación empresarial do licitador.

5. Os que acrediten encontrarse ó dío no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes.

O sobre «B», recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra ó dispor dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre «B» individual.

O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva.

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa.

2. O importe das taxas.

3. Os gastos proporcionais deste anuncio.

4. Os demais que se establezan nos pregos particulares do aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, un 4% sobre o importe da adxudicación en concepto do IVE.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

Relación de aproveitamentos forestais

Provincia de Lugo

Nº de

Expte.

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxas

ptas.

Fianza

provisional

ptas.

MontePertenezaMunicipioNº elencoMotivoSituaciónEspecieNº pésMcPtas./mcTaxación

27.059Argán de GrañaGrañaAbadín2715554Fin de

quenda

En péP.pinast.3.1432.1864.3009.399.800118.258187.996
27.060Reboiro, Sª do GalloSobrado do PicadoBaralla2715005Fin de

quenda

En péP.pinast.1.4291.0033.6003.610.80052.74772.216
27.061Cha, Sª das Pequenas e outrosRibas PequenasBóveda2715540Fin de

quenda

En péP.pinast.1.5716933.0002.079.00035.47141.580
27.062A Silla, A Costa e outrosVerBóveda2715018Fin de

quenda

En péP.r.P.p.

Robinia

Cupres

Alnus

Betula

728

46

293

21

7

436

14)

137)

12)

4)

2.8001.688.40030.85933.768
27.063Rodela de LudrioLudrioCastro de Rei2715749Fin de

quenda

En péP.p.P.r.6.9823.4164.20014.347.200178.333286.944
27.064De Vilar e CabanaxVilar de CabanaxarazCervantes2715778PasteiroEn péP.sylv.2.491179750134.25010.8902.685
27.065FervedaChavín e outrasO Corgo2715722Fin de

quenda

En péP.pinast.2.9071.3583.5004.753.00067.94195.060
27.066CorvaPinoCospeito2715509Fin de

quenda

En péP.pinast2.0286983.5002.443.00038.29148.860
27.067FreixoFreixoA Fonsagrada2715748Fin de

quenda

En péP.radia.4.0981.3022.8003.645.60058.59272.912
27.068SanguñedoParticularA Fonsagrada2717534Fin de

quenda

En péP.radia.3.2418132.8002.276.40039.19145.528
27.069TorvisoParticularA Fonsagrada2717549Pragas (F.Q.)En péP.pinast.4.3907321.100805.20026.64416.104
27.070DevesaDevesaFriol2715671Fin de

quenda

En péP.pinast.2.7311.6984.2007.131.60092.131142.632
27.071FriolFriolFriol2715557Fin de

quenda

En péP.p.P.r.2.4361.3904.1005.699.00073.635113.980
27.072NarlaNarlaFriol2715655Fin de

quenda

En péP.radia.1.7251.2564.2005.275.20069.955105.504
27.073TrasmonteTransmonteFriol2715698Fin de

quenda

En péP.pinast.1.5366573.5002.299.50038.31745.990
27.074SambreixoSambreixo de PragaGuitiriz2715702Fin de

quenda

En péP.radia.1.3841.3484.5006.066.00077.603121.320

Nº de

Expte.

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxas

ptas.

Fianza

provisional

ptas.

MontePertenezaMunicipioNº elencoMotivoSituaciónEspecieNº pésMcPtas./mcTaxación

27.075De San XoánS. Xoán de LagostelleGuitiriz2715529RareoEn péP.radia.11.1508351.3001.085.50030.66921.710
27.076IlloaLamaLáncara2715531Fin de

quenda

En péP.pinast.1.9061.4423.3004.758.60069.55595.172
27.077LamagrandeVilaleoLáncara2715857Fin de

quenda

En péP.radia.8088263.5002.891.00044.54357.820
27.078Verín e CarrasA Cazolga e MogoLourenzá2715539Fin de

quenda

En péP.pinast.6.6942.5533.1007.914.300113.969158.286
27.079Arca de Sta. Mariña e PenalbaTeixeiroLugo2715617Fin de

quenda

En péP.radia4.9461.9143.8007.273.20097.228145.464
27.080Braña e Toxiza, Pena do Boi e outrosFigueirasMondoñedo2715756Fin de

quenda

En péP.p.P.r.6.2682.1433.3007.091.90099.995141.438
27.081Estelo, Braña e ToxizaEstelo e TroncedaMondoñedo2715757Fin de

quenda

En péP.pinast.12.9802.2072.7506.069.25093.670121.385
27.082Braña, Toxiza, Pena do Boi e PombeiroFigueirasMondoñedo2715756Fin de

quenda

En péP.pinast.4.4779833.2003.145.60048.88562.912
27.083Sª de Loiban, Costa de Cebrán e RasoOurolOurol2715708Fin de

quenda

En péP.insig.7463882.500970.00021.45519.400
27.084Verducedo e PorqueiraVilafizO Páramo2715647Fin de

quenda

En péP.pinast.8445452.8001.526.00086.54330.520
27.085Regavella e ArufeAlbán e outrasA Pastoriza2715687RareoEn péP.radia.4.1844252.100892.50021.56317.850
27.086Montareda e Corr.SaldanxeA Pastoriza2715567RareoEn péP.radia3.4462581.300309.40014.0726.188
27.087Balbo, Amorin e Pen.CarazoPol2715593RareoEn péP.radia.3.2593621.750633.50016.57912.670
27.088Vilar de MondeloVilar de MondeloQuiroga2715761EntresacaEn péP.p.P.s.1.3481102.000220.0008.9574.400
27.089CoroaCubelasRibadeo2715575Fin de

quenda

En péP.insign.4.1392.5442.7006.868.800105.960137.376
27.090CoroaCubelasRibadeo2715575Fin de

quenda

En péE.globul.73885.000440.0009.7528.800
27.091OuviañaParticularRibeira de Piquín2717548Pragas (F.Q.)En péP.pinast.15.7062.5381.0002.538.00073.36650.760
27.092RebordeloPiñeiraSarria2715694Fin de

quenda

En péP.pinast.1.8321.1793.5004.126.50059.89982.530
27.093RebordeloBarbadeloSarria2715695Fin de

quenda

En péP.pinast.1.2857503.5002.625.00040.88852.500
27.094Pena e Cruz de Ag.VilapedreSarria2715012Fin de

quenda

En péP.pinast.1.0783762.600977.60021.28919.552
27.095Uceira e M. do CondeSta. Mª de VilarSarria2715604Fin de

quenda

En péP.pinast.4702613.000783.00017.68115.660
27.096CasteloGaldoViveiro2715570Fin de

quenda

En péP.pinast.1.5366303.3002.079.00034.35041.580

9603234