Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Laxiña, Prado e Chaos.
Situación: Carballedo.
Descripcións técnicas: liña aérea núa de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 374 metros, sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre postes de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25, cunha lonxitude de 110 metros, sobre postes de formigón, para melloras do servicio eléctrico en Laxiña, Prado, Chaos, Casqueixeiro y Sergude (Vilaquinte), no concello de Carballedo.
Orzamento: 6.247.228 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 14 de marzo de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
96-3173