Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. Budiño-Costeira, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Electra Alto Miño, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. existente ó C.T. de Budiño-Casal, rematando no C.T. que se proxecta en Budiño-Costeira, concello do Porriño.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 530 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.
Orzamento: 3.560.846 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 5 de marzo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
96-3172