Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.255

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de marzo de 1996 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento de centros privados de educación secundaria.

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros, nos que solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento de centros privados de educación secundaria.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que os remite cos informes das unidades técnicas e inspeccións educativas.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non univesritarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria que se citan no anexo, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas conforme o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño, e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe das inspección educativas, aprobarán expresamente a relacióin de persoal que impartirá docencias nos ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secuandaria que pola presente orde se autorizan, deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1991, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 279/1991, do 1 de marzo (BOE do 8), e especialmente o establecido no seu anexo D, que establece as condicións particulares para o uso docente. Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Domicilio: Roxos-Silvouta.

Denominación específica: Junior's.

Titular: Junior's, S.A.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 6 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato de 10 unidades, coas modalidades seguintes: Ciencias da Natureza e da Saúde, Humanidades e Ciencias Sociais e Tecnoloxía.

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Domicilio: Ponte da Rocha-Poza Real-Conxo.

Denominación específica: Santa Apolonia.

Titular: Rosario Medina Gómez.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de formación profesional de 2º grao: 9 unidades.

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Domicilio: República Arxentina, 19, S. Pedro de Mezonzo, 2.

Denominación específica: Manuel Peleteiro.

Titular: Herderos de Manuel Peleteiro, S.C.

Composición resultante:

a) Centro de educación primaria: 25 unidades.

b) Centro de educación secundaria: 22 unidades de educación secundaria obrigatoria.

c) Centro de bacharelato de 12 unidades coas modalidades seguintes: Ciencias da Natureza e de Saúde, Humanidades e Ciencias Sociais.

Provincia: A Coruña.

Concello: Ames.

Localidade: Ames.

Domicilio: Viduído de Arriba.

Denominación específica: Alca.

Titular: Fausto Francisco Varela Correa, J. Luis Pérez García.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato de 4 unidades, coas modalidades seguintes: Ciencias da Natureza e da Saúde, Humanidades e Ciencias Sociais.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Domicilio: A Estrada, 24.

Denominación específica: Sagrado Corazón de Jesús.

Titular: Misioneros do Sagrado Corazón de Jesús.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato de 8 unidades, coas modalidades seguintes: Ciencias da Natureza e da Saúde, Humanidades e Ciencias Sociais, Tecnoloxía e Artes.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Cangas.

Localidade: Cangas.

Domicilio: r/ Rodeira, 12.

Denominación específica: Casa de la Virgen.

Titular: Fundacióin Benéfico Docente Casa de la Virgen.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Domicilio: r/ Montecelo, 1.

Denominación específica: Padre Míguez.

Titular: Hijas de la Divina Pastora, Calasancias.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

3352