Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.253

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se estende ás oficinas liquidadoras de distrito hipotecario o réxime de admisión de ingresos do servicio de caixa das delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

A orde da Consellería de Economía e Facenda, do 25 de xuño de 1993, pola que se dictan normas de actuación das entidades de depósito que prestan o servicio de caixa nas súas delegacións territoriais, estableceu que os ingresos se realizarán de luns a venres e cando o vencemento coincida cun sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Dado que a orde da Consellería de Economía e Facenda, do 13 de xaneiro de 1993, estableceu que, entre as funcións tributarias encomendadas ás oficinas liquidadoras de distrito hipotecario en relación cos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e sobre sucesións e doazóns, atópase o cobramento en período voluntario, cómpre axeita-lo réxime de admisión de ingresos nas citadas oficinas ó vixente nas nosas delegacións territoriais e, en consecuencia,

RESOLVO:

Que se o vencemento de calquera obriga formal de presentación de documentos con transcendencia

tributaria, susceptibles de orixinar ingresos nas oficinas liquidadoras de distrito hipotecario, ten lugar en día distinto ós comprendidos entre o luns e o venres, ámbolos dous inclusive, o dito día trasladarase ó primeiro hábil seguinte.

Esta resolución causará efectos a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1996.

Miguel Ángel Sainero Caballero

Director xeral de Política Financeira e do Tesouro

96-3341