Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 28-3-1996, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Complejo Campolongo, S.L. e redactado pola arquitecta Mercedes Maquieira Miguens, con visado colexial de 20-3-1995, e plano número 3, con visado do 12-5-1995, que anula e substitúe o correlativo do proxecto, subscrito tamén pola citada facultativa, coa finalidade de adaptar e defini-lo sinalamento das aliñacións e rasantes do rueiro «AD» do PXOU, delimitado polas rúas Blanco Amor, Fontesanta e Campolongo.

O que se fai público para a súa executividade subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 19 de abril de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral