Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación dos expedientes que se citan (14/1996 e tres máis).

Subministracións.

Expediente nº: 14/1996

Obxecto: mobiliario. E.U.F.P.E.X.B. de Lugo.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 2.310.000 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 46.200 ptas.

Prazo de entrega: 15 días.

Expediente nº: 16/1996

Obxecto: equipo de absorción atómica. F. Bioloxía.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 8.500.000 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 170.000 ptas.

Prazo de entrega: inmediato.

Obras.

Expediente nº 416/1996

Obxecto: reforma de climatización dos depósitos de libros. Biblioteca Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 8.384.637 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 167.693 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 2, categoría C.

Expediente nº 417/1996

Obxecto: arranxo de locais para despachos. F. Farmacia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 6.384.712 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 127.694 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: grupo C, subgrupos 1, 4, 6, 8 e 9, categoría B para os tres primeiros subgrupos e A para os dous restantes.

Estes expedientes foron declarados de tramitación urxente por Resolución do 22 de abril de 1996.

A capacidade de obrar, solvencia técnica, solvencia económica e criterios de adxudicación son os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2, galerías, Santiago de Compostela, ou na copistería Unicopia, Facultade de Veterinaria, pavillón da aulas, campus universitario de Lugo.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade (Rectorado, praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela ou no rexistro do campus universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n, pavillón 4 do complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratacion reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1996.

P.D. (R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

3421