Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de pesca fluvial P-298/1995, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no anexo se menciona, que con esta data resolvín publicar o acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción a Lei 7/1992, de 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1993), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a José Ángel Madarro Río, funcionario desta delegación; podendo ser recusado en calquera momento do expediente de concurrir os supuestos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte o da publicación desta notificación, para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus derechos.

Conforme ó establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de no efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda de la Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

Lugo, 1 de abril de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente número: P-298/1995.

Denunciado: SAT 222, Pazos de Viveiro.

Último enderezo coñecido: Viveiró-Muras, 27836 Lugo.

Feitos imputados: incorporación ó río Landro de residuos de Xurro, procedentes do baleirado dos depósitos das granxas Porreomeu, sen contar con autorización.

Precepto sancionador: 35.9º.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 500.001 pesetas de multa.

2941