Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental da planta de tratamento término de refugallos hospitalarios promovida por Tecmeh, S.A. no polígono industrial das Lagoas en Narón (A Coruña).

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto

ambiental someteránse ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental de implantación dunha pranta de tratamento térmico de refugallos hospitalarios, situada no polígono industrial das Lagoas en Narón (A Coruña) e solicitado por Víctor M. Toca Achurra.

Para os efectos informativos porase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar do estudio nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficiñas.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2998