Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.220

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/146-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execucióin das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Xaviña.

Situación: Coristanco.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 907 m de lonxitude, con orixe na liña Vilares-Neaño (expediente número 14439) de Electra del Jallas e remate no C.T. que se vai instalar en Xaviña. Centro de transformación aéreo, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Xaviña, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.149 m de lonxitude. Coristanco.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3288