Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.220

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/145-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Edrosa.

Situación: Ortigueira.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aárea de media tensión, a 15/20 kV, con conductor LA-56, de 28 m de lonxitude, con orixe na liña Sta. Mariña-Mañón e remate en C.T. Edrosa. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Edrosa, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 871 m de lonxitude. Ortigueira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9603197