Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 07 de maio de 1996 Páx. 4.205

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 151/1996, do 6 de maio, polo que se dispón que cese José Manuel Romay Beccaría, como conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

En virtude do establecido no artigo 26, alínea 1, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, na súa condición de conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, José Manuel Romay Beccaría, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, seis de maio de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

2709