Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Ponse en xeral coñecemento que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 12 de abril de 1996, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior do Núcleo Histórico de Ourense, coas reservas figuradas na parte expositiva deste pleno.

De conformidade co artigo 116 do T.R.L.S., sométese o dito expediente a información pública polo prazo dun mes no Museo Municipal, sito na rúa Lepanto nº 8, durante o referido prazo poderán deducirse as alegacións que se estimen oportunas.

Este anuncio suple as circunstancias que concorren no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 25 de abril de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

2643