Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de abril de 1996 de notificación de resolución relativa ó expediente de desafiuzamento administrativo PO-83/530, conta 45, seguido contra José Rivas Piñeiro.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a José Rivas Piñeiro, beneficiario da vivenda en réxime de alugueiro, sita na rúa da Pega, nº 1-1º C de Vigo, correspondente ó expediente PO-83/530, conta 45, que con data 25 de xaneiro de 1996 dictei resolución na que acordei a resolución de pleno dereito do contrato por falta de pagamento das cotas pendentes, e o lanzamento da devandita vivenda.

Requirido para o pagamento dos 88 recibos pendentes, que ascenden a un importe de 1.164.706 ptas., e transcorrido o prazo outorgado sen que o dito requirimento fora atendido, este feito constitúe causa legal suficiente para a resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda, o abeiro dos artigos 138 e 142 do Decreto 2214/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

O lanzamento levarao a cabo o representante legal da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L., con credencial para o efectos subscrita e asinada polo director xeral do IGVS, coa autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución de actos forzosos da Administración incorporada ó expediente, e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado que, de conformidade co establecido no Regulamento de vivendas de protección oficial, poderá evita-lo lanzamento se aboa o total da débeda co recargo do 10% establecido no artigo 138 do Decreto 2214/1968, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a publicación.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, caber interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

2673