Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de abril de 1996 de notificación de requerimento de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-40-IV/76, conta 201, e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de VPO antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concedéselles ós inte

resados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó día no pagamento ou compareza en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presentaren os documentos e xustificacións que consideren convenientes para o seu dereito.

Advírteselles que, en caso contrario, se procederá á resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, nos casos en que proceda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

-Julia Rodríguez López

Expediente: C-40-IV/76. Cta. 201.

Elviña 2ª fase, bloque 17-portal 1-7º A.

A Coruña

2.131.488 ptas.

-Andrés Afonso Pérez

Expediente: PO-82/080. Cta. 143.

Rúa Irlanda, bloque H-2, baixo C.

MOteporreiro.

Pontevedra

1.630.813 ptas.

-Carlos Duarte Domínguez

Expediente: PO-1-II/72. Cta. 9010

Rúa Torneiros, bloque 16, 3º A.

O Porriño

Pontevedra

416.340 ptas.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

9603187