Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 06 de maio de 1996 Páx. 4.117

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 abril de 1996 pola que se revoga a autorización para imparti-las ensinanzas homologadas da área tecnolóxico-práctica da rama de perruquería e estética ó centro privado CEM de Lugo.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 7 de maio de 1991, concedéuselle a autorización ó centro CEM, con domicilio na praza Ángel Fernández Gómez, 3-2º de Lugo, para impartir ensinanzas homologadas da área tecnolóxico-práctica da rama de perruquería e estética.

Resultando que o dito centro, desde a data de autorización, non impartiu as ensinanzas á que fai referencia a citada orde.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral, a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o mencionado Decreto 133/1995, e Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG do 16 de marzo), pola que se regula o funcionamento e actividades dos centros que teñen homologada a área de coñecementos tecnolóxicos e prácticos na rama de perruquería e estética e demais normas de pertinente aplicación.

Considerando que a referida Orde do 20 de setembro de 1995, no apartado 2 do punto oitavo, establece que a extinción da autorización poderá acordarse «de oficio pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de audiencia ó interesado, cando un centro docente cesase de feito nas súas actividades durante os dous cursos inmediatamente anteriores á orde que se dicte».

Tendo en conta os informes da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, da delegación provincial desta consellería en Lugo, así como as alegacións formuladas polo titular do centro, logo do trámite de audiencia,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPÓN:

Revoga-la autorización concedida ó centro CEM de Lugo.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar desde o seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

3206