A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f) do artigo 7 da Orde do 15 de setembro
de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro),convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de batas estériles, equipos cirúrxicos e material cirúrxico diverso.
I. Obxecto e orzamento.
A subministración de batas estériles (lote nº 1), por un orzamento máximo de 9.700.000 ptas., equipos cirúrxicos estériles (lote nº 2), por un orzamento máximo de 5.700.000 ptas. e material cirúrxico diverso (lote nº 3), por un orzamento máximo de 5.500.000 ptas. (incluído o IVE).
II. Prazo de entrega.
O material obxecto do presente concurso público deberá de ser entregado no prazo dun mes contado a partir da data de notificación de adxudicación.
III. Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. Tfno. (982) 29 65 52 e Fax (982) 21 29 24.
IV. Fianzas.
Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de 194.000 ptas. para o lote nº 1, de 115.000 ptas. para o lote nº 2, de 111.000 ptas. para o lote nº 3 e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
V. Solvencia económica e financeira.
Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.
VI. Solvencia técnica.
Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
VII. Clasificación.
Non se precisa.
VIII. Criterios de adxudicación.
-Prezo ata 5 puntos.
-Valoración técnica ata 4 puntos.
-Prazo de entrega ata 2 puntos.
IX. Admisión de variantes.
Non se admiten variantes.
X. Presentación de proposicións.
As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo
sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.
XI. Apertura de proposicións.
A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
XII. Documentación que deberán achega-los licitadores.
Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
XIII. Anuncios.
Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.
Lugo, 14 de marzo de 1996.
Luis E. Vicente Sánchez
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo
3265