Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 03 de maio de 1996 Páx. 4.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1996, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público, sistema aberto, da subministración dun radioenlace de 4x2 Mb/ps de capacidade para a Rede Oficial de Comunicacións da Xunta de Galicia, así como o traslado e instalación doutro.

Orzamento da subministración: 13.920.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: 278.400 pesetas, correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecido na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 9.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Secretaría Xeral de Comunicación a partir das 12 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais

documentación complementaria estará a disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral de Comunicación, sita no edificio administrativo nº 5 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 45 28.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1996.

P.D. (Orde 26-3-1992)

Jesús Pérez Varela

Secretario xeral de Comunicación

9603274