Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 03 de maio de 1996 Páx. 4.098

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (151/1995).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo número 151/1995, por instancia do procurador García-Piccoli Atanes, en representación do Banco Central Hispanoamericano, contra Fernando Tobío Martínez e María del Carmen Calviño Fosado, sobre reclamación de cantidade, actuacións nas que se acordou sacar á venda en poxa pública, por termo de oito días, e logo de avaliación por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 29 de maio, ás 10 horas, de conformidade coas seguintes condicións:

1. O tipo de remate será de 125.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita cantidade.

2. Para poderen tomar parte na licitación, os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, conta número 1500-17-015195, o vinte por cento do prezo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do prezo do remate.

4. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e teñan cuberto o tipo de poxa, para os efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a súa obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa sinálase para que teñan lugar a segunda, o vindeiro día 25 de xuño de 1996, ás 10 horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo do remate que será do 75% da primeira; e, no caso de resultar deserta a devandita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 19 de xullo ás 10 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto da poxa.

Vehículo turismo marca Skoda, modelo Rapid 130 G, matrícula C-5012-AH.

Sirva o presente edicto de notificación en forma ós demandados rebeldes Fernando Tobío Martínez e María del Carmen Calviño Fosado, actualmente en paradoiro descoñecido.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9603286