Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 03 de maio de 1996 Páx. 4.086

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Babe y Cía, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Babe y Cía, S.L., que se susbribiu coa data do 24 de xaneiro de 1996, entre o comite da empresa e o representante dela, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Tercero.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Texto do cuarto convenio Babe y Cía, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

O presente convenio afecta a empresa Babe y Cía, S.L., dedicada á actividade do transporte de distribución de productos petrolíferos, e os seus traballadores empregados exclusivamente na dita actividade e que presten os seus servicios nos centros de traballo situados nas provincias de Pontevedra e Ourense, A Coruña ou nos centros que se poidan crear por esta empresa para a distribución dos productos indicados en distintas provincias das sinaladas.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio, establécese por un período de 2 anos, e entrará en vigor o día primeiro de xaneiro de 1996, calquera que sexa a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e abranguerá o período comprendido entre esa data e o 31 de decembro de 1997, agás prórroga tácita por anos naturais se non é denunciado formalmente por calquera das partes, polo menos con tres meses de antelación á data de vencemento ou, se é o caso, de calquera das prórrogas.

Se ó finaliza-la súa vixencia non se denunciase por escrito por ningunha das partes, procederase á modificación de retribucións con efectos do primeiro de xaneiro de 1998 e de acordo coas disposicións oficiais que ó respecto estivesen en vigor no dito ano.

Artigo 3º.-Concorrencias do convenio.

O presente convenio rexerá nos seus propios termos e sen variación ningunha durante o ano 1996 e 1997. En consecuencia e durante a súa vixencia non poderá aplicarse no ámbito que comprenda outro concorrente total ou parcialmente, en calquera dos aspectos territoriais, funcional ou persoal.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio compensaranse na súa totalidade coas que anteriormente viñesen desfrutando os traballadores calquera que fose a súa orixe, denominación ou forma en que estivesen concedidas, respectándose as condicións máis beneficiosas con carácter ad personam, sempre que en conxunto e en cómputo anual sexan superiores ás establecidas neste convenio.

As disposicións legais que puidesen implicar variación económica en todos ou en cada un dos conceptos retribuídos unicamente terán aplicación práctica se globalmente consideradas en cómputo anual superan o valor destas.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que por calquera causa se modificase algunha das cláusulas establecidas neste convenio, quedará todo el sen eficacia, debendo procederse a un novo estudio de negociación da totalidade do seu contido que debe ser un e indivisible.

Artigo 6º.-Facultades da empresa.

Son facultades da dirección da empresa, entre outras:

a) A organización e reestructuración da empresa, imposta por necesidades do servicio público que presta, a súa organización e estabilidade.

b) A adaptación de métodos ou sistemas de traballo, oído o comité de empresa.

c) A de fomenta-la productividade, esixindo uns rendementos normais de traballo.

Artigo 7º.-Obrigas do conductor.

Sen prexuízo das obrigas xerais do conductor, no desempeño da súa función laboral, concrétanse como específicas desta actividade as que seguen:

a) A de conducir calquera vehículo da empresa, a teor das necesidades desta, sendo responsable del e da mercadoría que transporta, durante a viaxe que se lle encomendara e da documentación do vehículo.

b) A de facilitar un parte diario por escrito do servicio efectuado e do estado do camión, a súa cisterna e elementos accesorios que se fixen.

c) A de cubri-los percorridos polos itinerarios e nos tempos que se fixen, oída a representación dos traballadores.

d) Inspecciona-lo estado, limpeza e conservación dos vehículos, as súas cisternas e elementos accesorios.

e) Empalmar e desempalmar mangueiras, abrir e pechar válvulas, acoplar e desacoplar brazos de carga e descarga e demais mecanismos utilizados para encher e baleirar cisternas, realizando estas funcións e as súas complementarias, tanto se estes elementos son do seu propio vehículo como se son alleos a el, e aínda que teña que verificar estas operacións dentro do recinto da entidade cargadora.

f) A de coñece-lo funcionamento e uso dos aparellos de extinción de incendios e de executar estas operacións cando proceda a asistir dentro da xornada de traballo ás prácticas de adestramento daqueles.

g) Mentres se estea enchendo e baleirando a cisterna, verificará a operación de purga en cada compartimento, comprobando a ausencia neles de auga decantada.

h) Aterse ás normas legais vixentes en cada momento, así como ás establecidas por CLH, S.A. e as compañías operadoras e ás que se dicten con carácter xeral en relación coa circulación e transporte de productos petrolíferos, en especial o disposto nas normas e procedemento do sistema de cali

dade de Babé y Cía, S.A. conforme a norma ISO 9002.

Artigo 8º.-Xeira de traballo.

A xeira de traballo será de corenta horas semanais de acordo co calendario laboral, en cómputo semanal, garantíndose a realización de 6 horas diarias de traballo efectivo de luns a venres.

Cando a organización do traballo o permita e sempre previo acordo entre a empresa e administrativos, implantarase a xeira continuada para estes, respectándose os que a teñen concedida.

Para o persoal que non está comprendido no artigo 17 do Real decreto 2001/1983, ou do que o substitúa, poderase pactar de común acordo empresa e traballador a distribución da xeira de traballo de luns a venres ou sábados segundo as necesidades da empresa e para este efecto e de suscitarse calquera problema sobre este posible pacto, será oído con carácter preceptivo, na comisión mixta deste convenio.

Tódalas horas que superen ou excedan as corenta horas semanais ou as 8 diarias, terán a consideración de extraordinarias ou de presencia para todo o persoal.

Dada a característica desta actividade, cando as necesidades do servicio o requiran, realizaranse as horas extraordinarias e de presencia que como máximo están permitidas na lexislación vixente.

Á normativa legal vixente haberá que aterse tamén en canto a descanso semanal e diario.

Os sábados e festivos que por necesidades do servicio sexan traballados serán rotativos para o persoal conductor e remunerados do seguinte xeito:

Os sábados serán aboados na cantidade fixada no anexo II polas 8 horas de traballo tanto efectivo como de presencia, e un día de descanso de compensación. Todo o que exceda das 8 horas pagarase como horas extras.

Os festivos serán aboados na contía fixada no citado anexo II por 8 horas de traballo tanto efectivo como de presencia e un día de descanso por compensación. Todo o que exceda das 8 horas pagarase como extras e sen día de descanso compensatorio.

Os festivos serán aboados na contía fixada no citado anexo por 8 horas de traballo tanto efectivo como de presencia, e todo o que exceda das 8 horas pagarase como extras e sen día de descanso compensatorio.

No caso de ser requirido o servicio de taller, en sábados ou festivos, a remuneración aplicable será a mesma que para o persoal conductor.

Artigo 9º.-Definición de tempo de traballo efectivo e tempo de presencia.

Tempo de traballo efectivo:

-A conducción de vehículos.

-A parte do tempo empregado nos procesos de carga ou descarga do vehículo que esixa a participación activa do conductor con manexo de elementos de conexión ou dispositivos de enchedura do vehículo.

En situación de avaría e mantemento:

-O tempo de reparala, sempre que a reparación a realice o mesmo conductor.

-Cando sexa preciso o remolque a talleres ou outros lugares onde se vaia realiza-la reparación, o tempo empregado na dita operación de remolque en caso de que o conductor asuma a conducción do vehículo avariado.

Definición do tempo de presencia:

A parte dos tempos de enchedura ou baleirado do vehículo que só requiran vixilancia do proceso pero non a utilización de equipos ou dispositivos de enchedura ou baleirado, aínda que neste tempo se efectúen xestións administrativas relacionadas co cargamento.

As esperas anteriores a carga ou descarga en orixe ou destino que esixan vixilancia do vehículo.

As de esperas por reparación de avarías ou paradas reguladas por este convenio colectivo ou outras regulamentacións, nas que recae sobre o conductor a vixilancia do vehículo.

Terán tamén carácter de horas de presencia, calquera outra que aconselle a práctica do servicio e de común acordo entre a empresa e o comité. Neste caso teranse en conta para incorporar ó texto de futuros convenios.

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

As pagas extraordinarias de Nadal, xullo e beneficios, aboaranse na contía de 30 días naturais cada unha delas a razón de salario base máis antigüidade, e faranse efectivas na data sinalada pola ordenanza laboral.

Artigo 11º.-Vacacións.

Tódolos traballadores da empresa desfrutarán dunhas vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais a razón de salario base máis antigüidade e o importe dunha bolsa de vacacións que se cifra na contía fixada no anexo II, aboándose ambas ó iniciarse o desfrute das vacacións.

Artigo 12º.-Plus de perigosidade.

Os productores que como consecuencia da actividade que desenvolvan na empresa, manipulen ou transporten habitualmente mercadorías explosivas ou inflamables percibirán un plus do 15% sobre o salario base por día traballado.

Os sábados non festivos consideraranse como efectivamente traballados para os exclusivos efectos de devengos deste plus.

Artigo 13º.-Plus de locomoción.

Establécese a cantidade fixada no anexo II en concepto de plus de transporte para o persoal conductor, e para as restantes categorías a cantidade fixada

no citado anexo II, percibíndose este mesmo por día efectivamente traballado.

Os sábados non festivos consideraranse como efectivamente traballados para os exclusivos efectos de devengo deste plus.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias e de presencia.

Páctase expresamente o valor da hora extraordinaria e a de presencia nas cantidades fixadas no anexo II do presente convenio.

Tendo en conta a natureza do traballo que se realiza no transporte de mercadorías perigosas, e o específico de distribución de productos petrolíferos, as horas extra das que se pactase o valor terán o carácter de estructurais e de mantemento, de conformidade coa lexislación vixente.

Co obxecto de reduci-la aglomeración de C/C nos cargadoiros, coa conseguinte perigosidade, e o número de horas de presencia, páctase dentro da xornada laboral unha flexibilidade na entrada ó traballo que se gradúa entre as 6.30 horas e as 8.45 horas.

O persoal comprométese a realiza-las horas establecidas no Real decreto 2001/83, ou do que o substitúa, e a empresa comprométese así mesmo a distribuí-las ditas horas de forma equitativa e que permita a igualdade de oportunidades.

Estas horas serán supervisadas periodicamente polo comité de empresa e se son detectadas anomalías, e estas non son corrixidas, levará consigo a modificación ó anterior horario non flexibilizado.

Artigo 15º.-Axudas de custo.

Fíxase a contía da axuda de custo para todo o persoal a quen afecta o presente convenio nas cantidades que figuran no seu anexo II.

Estas axudas de custo devengaranse para o persoal conductor sempre e cando realice servicios co camión, incluídos sábados e festivos.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

Ó persoal de tráfico facilitaráselle como roupa de traballo unha vez ó ano: dous pantalóns, dúas camisas, unha chaquetiña de tea, un par de zapatos ou botas e guantes segundo as necesidades e cada dous anos un anorak ou roupa de auga.

Ós administrativos unha chaquetiña de tea ó ano.

Ós mecánicos tres fundas e un par de botas ó ano.

Estas pezas de roupa entregaranse coa obrigatoriedade de que na xornada de traballo vaian provistos do uniforme correspondente.

As pezas de roupa de traballo deberán entregarse a tódolos traballadores dentro do primeiro semestre do ano.

Artigo 17º.-Suspensión do permiso de conducción ou autorización para conducir mercadorías perigosas.

En caso de que un conductor sufra a retirada do seu permiso de conducir ou carné T.P.C. por sentencia ou resolución firme da autoridade competente

e de forma definitiva ou temporal, a empresa aseguraralle un novo posto de traballo a elección dela, percibindo o interesado a remuneración correspondente á súa nova categoría.

Ó termo da duración da suspensión do permiso, será reintegrado á súa antiga categoría e posto de traballo.

Enténdese que sempre e cando estea conducindo ó servicio da empresa, exclusivamente e non vulnere o artigo 7 do Real decreto 1999/1979 do Regulamento de mercadorías perigosas, ou do que o substitúa.

Aplicarase o mesmo artigo 17, sempre que ó conductor se lle retirase o seu permiso de conducir, media hora antes e media hora despois da súa entrada e saída ó traballo.

A empresa terá a obrigación de manter como máximo o seguinte número de conductores afectados en función do número de conductores.

No cadro de persoal de ata 20 conductores: un

No cadro de persoal de entre 21 e 40 conductores: dous.

No cadro de persoal de entre 41 e 60 conductores: tres.

No cadro de persoal de entre 61 e 80 conductores: catro.

No cadro de persoal de máis de 80 conductores: cinco.

Artigo 18º.-Comisión mixta.

Constitúese unha comisión mixta como órgano de interpretación e vixilancia do cumprimento do convenio. Terá o seu domicilio no centro de traballo de Vilar de Infesta.

A comisión estará constituída:

Pola parte económicaPola parte social

TitularesTitulares

Ramón González BebeVenancio Custodio González

José Rodríguez Pérez

Suplentes

José Costas Alonso

Manuel ferreiro Sierra

As partes conveñen en someter a esta comisión cantas dúbidas, discrepancias ou conflictos puidesen derivarse como consecuencia da aplicación, desenvolvemento e interpretación do convenio, para que esta comisión mixta emita o seu informe como trámite antes de acudir á xurisdicción correspondente.

A comisión mixta reunirase sempre que o solicite calquera das partes.

Artigo 19º.-Dereito supletorio.

No non previsto neste convenio rexerá a ordenanza laboral de transportes por estrada do 20-3-1971, modificada por outra Orde do 9-7-1974 e demais disposicións legais.

Artigo 20º.-Seguro de vida ou invalidez.

Para o persoal que se rexa por este convenio, nos casos de morte ou invalidez permanente total ou absoluta derivados de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa garantirá ós herdeiros ou ó traballador unha indemnización por un importe de 2.600.000 pesetas, concertando obrigatoriamente para tales fins a póliza de seguros.

Artigo 21º.-Incapacidade laboral transitoria.

Os traballadores afectados por este convenio, que se atopen na situación de I.T. (incapacidade temporal), calquera que sexa a causa determinante, a empresa aboaralle ó traballador un complemento ata cubri-lo 100% da base reguladora da prestación da Seguridade Social e a partir do 120 día da baixa.

Artigo 22º.-Acción sindical.

En canto ós dereitos de representación coelctiva e de reunión dos traballadores na empresa haberá que se ater ó establecido na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Non obstante o disposto anteriormente, non se computará dentro das horas dispoñibles as que correspondan a reunións de comisións deliberadoras do convenio e comisións mixtas que sendo regulamentariamente convocadas terán carácter retributivo.

De acordo co previsto no Estatuto dos traballadores e na LOLS poderán acumularse as horas de crédito sindical que correspondan ós representantes dos traballadores (comités de empresa e delegados de persoal) das empresas afectadas por este convenio nun de calquera sindicato legalmente constituído.

A dita acumulación poderá ser das horas sindicais correspondentes a dous meses durante o ano.

Artigo 23º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores que se rexan polo presente convenio e leven como mínimo 24 anos de antigüidade na empresa tendo cumpridos os 60 anos, poderán solicita-la xubilación anticipada.

De acordo coa base reguladora a empresa aboará mensualmente como cantidade fixa e invariable a diferencia existente entre a cantidade que aboe a Seguridade Social e o 100% da dita base. Esta cantidade poderá ser aboada pola empresa dunha soa vez e en función dos meses que falten ata os 65 anos.

O dito compromiso terá como duración ata que cumpra o traballador a idade de 65 anos ou o tope mínimo, que en cada momento se poida establecer pola lexislación vixente para a xubilación voluntaria.

O compromiso rescindirase así mesmo cando a empresa deixe a actividade pola que se rexe este convenio.

En caso de non existir acordo entre empresa e traballador a esa xubilación voluntaria que libremente poderá solicita-lo citado traballador, poderase opor por causa xustificada o empresario, quen elevará a petición do traballador á comisión mixta

que decidirá por maioría se procede ou non a xubilación solicitada sendo vinculante esta decisión.

Artigo 24º.-Retribucións.

Para o ano 1996 as retribucións do persoal afectado por este convenio serán as detalladas na táboa anexa.

Para o ano 1997, as retribucións e demais conceptos económicos actualizaranse mediante un incremento do valor do índice real de prezos ó consumo, garantíndose como mínimo un 4%.

Artigo 25º.-Antigüidade.

Os traballadores en activo o 1-1-95 continuarán coa escala de porcentaxes actuais, a non ser que sexan modificadas por disposición legal.

Os traballadores contratados a partir do 1-1-95 rexeranse no futuro pola seguinte escala:

Ós 5 anos 5% sobre o salario base.

Ós 10 anos 10% sobre o salario base.

Ós 15 anos 15% sobre o salario base, sen incrementos posteriores.

Esta escala poderá ser modificada se por disposición legal así se decretase.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL

Ano 1996Ano 1997

Grupo 1º
Subgrupo «A»
I xefe de servicio151.097
II inspector principal138.084

Subgrupo «B»
I enxeñeiro e licenciado141.802
II enxeñeiro e Aux. titulado115.768
III axudante técnico santiario103.490

Grupo 2º
I xefe de sección123.206
II xefe de negociado113.907
III oficial 1ª107.212
IV oficial 2ª103.491
V auxiliar administrativo97.168
VI aspirantes e aprendices
maiores de 18 anos71.373
menores de 16 anos47.096

Grupo 3º
Subgrup «A»
I xefe de tráfico 1ª113.907
II xefe de tráfico 2ª108.331
III xefe de tráfico 3ª107.586
IV conductor mecánico106.468
V conductor103.490
VI conductor motociclos100.518
VII axudante99.028
Mozo especialización97.168
Mozo carga, descarga e reparto95.314

Grupo 4º
Xefe de taller117.628
Encargado contramestre113.907
Encargo xeral108.331

Ano 1996Ano 1997

Encargado de almacén107.587
Xefe de equipo107.587
Oficial 1ª106.468
Oficial 2ª103.491
Oficial 3ª97.168
Engraxador lavacoches97.168
Mozo de taller97.168

Grupo 5º
Cobrador97.168
Telefonista95.310
Porteiro95.310
Vixilante95.310
Garda de día95.310
Garda de noite97.168
Limpadora84.150

Trabajadores entre 16 e 18 anos aplicando el Real decreto de 9 de febreiro de 1990 nº 170/1990 sobre salario interprofesional vixente.

ANEXO II

OUTROS CONCEPTOS RETRIBUTIVOS

Ano 1996Ano 1997

Artigo 8º
Aboamento sábado:4.961
Aboamento festivos:13.224

Artigo 11º
Bolsa vacacións42.151

Artigo 13º
P. transporte
P. conductor:655
P. restantes:1.305

Artigo 14º
Hora extra:1.123
Hora presencia:1.118

Artigo 15º
(Galicia)
Xantar1.643
Cea1.643
Pernoctación1.643
Desayuno546
5.475

(Fuera de Galicia)
Xantar2.740
Cea2.740
Prenoctación2.189
Almorzo546
8.215

9601907