Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 03 de maio de 1996 Páx. 4.052

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de abril de 1996, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifican as relacións de postos de traballo das consellerías de Educación e Ordenación Universitaria; Agricultura, Gandería e Montes e de Familia, Muller e Xuventude.

A creación do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia adscrito á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, efectuada polo Decreto 128/1996, do 14 de marzo (DOG nº 66, do 2 de abril de 1996, corrección de erros DOG nº 72, do 12 de abril), así como as propostas de modificación das súas respectivas relacións de postos de traballo realizadas polas consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Familia, Muller e Xuventude, fan necesario modificar parcialmente as relacións de postos de traballo das citadas consellerías.

En consecuencia, por proposta das consellerías de Educación e Ordenación Universitaria, de Agricultura, Gandería e Montes e de Familia, Muller e Xuventude, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e a Comisión de Persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Modifica-la relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan nos anexos I, II e III da presente orde.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro da Presidencia eConselleiro de Economía e

Administración PúblicaFacenda

96-945