Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 03 de maio de 1996 Páx. 4.052

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 16 de abril de 1996 pola que se nomea un vocal da Mesa Provincial de Pontevedra de control e seguimento da renda de integración social de Galicia.

Os artigos 36 e37 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, en concordancia co artigo 80 do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991, do 2 de outubro, dispoñen a constitución dunha mesa a nivel provincial en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma, que actuará como órgano superior de control e seguimento da aplicación da renda de integración social de Galicia e que estará integrada, entre outros membros, por sete representantes das centrais sindicais máis representantivas a nivel autonómico.

As normas de organización e funcionamento interno da Mesa Autonómica da renda de integración social publicadas no Diario Oficial de Galicia do 23 de outubro de 1992, que rexerán tamén para as mesas provinciais, a teor do disposto no artigo 81.3º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, establecen no seu artigo 7.2º, que os nomeamentos e substitucións de tódolos membros da mesa serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude no Diario Oficial de Galicia do 23 de marzo de 1995, faise público o nomeamento de vocais das Mesas Autónomica e Provincial de control e seguimento da renda de integración social de Galicia en representación da central sindical Unión Xeral de Traballadores-UXT. Posteriormente, foi comunicada a esta consellería a proposta da Comisión Executiva da devandita central sindical, acordando substituír a un dos seus actuais vocais titulares.

En consecuencia, en uso da facultade que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPONGO:

Artigo único.

Nomear en representación da central sindical Unión Xeral de Traballadores-UXT a María do Car

me Beloso Barcala vocal titular da Mesa Provincial de Pontevedra de control e seguimento da renda de integración social de Galicia, en substitución de Montserrat Couto Rodiño.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

3356