Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno desta Corporación, o día 9 de abril de 1996, o prego de cláusulas administrativas que rexerán no concurso, con procedemento aberto, da contratación de instalación de mobiliario urbano nas rúas e prazas deste municipio exponse ó público durante o prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, para que se poidan presentar alegacións.

Simultaneamente anúnciase o concurso e adiarase a licitación se se producen reclamacións ó prego.

Obxecto: a concesión para a utilización privativa do dominio público mediante a instalación do mobiliario urbano que se indica.

Duración: a concesión outorgarase por un prazo máximo de 10 anos.

Fianzas: provisional polo importe de 50.000 ptas. e definitiva de 100.000 ptas.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación este anuncio no BOP ou no DOG.

Apertura de proposicións: no salón de sesións da Casa do Concello, ás 13.30 horas do día seguinte hábil, que non cadre en sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego.

Poio, 17 de abril de 1996.

O alcalde

Rubricado

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.