Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de delimitación e urbanización parcial na zona 7 do SU-5 (fase 2).

Ponse en xeral coñecemento que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 12 de abril de 1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación e urbanización parcial da zona 7 do SU-2 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense (fase 2), por instancia de Gumersindo Diz Gómez, condicionado á presentación da garantía por importe de vinteoito millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas setenta e sete pesetas (28.998.877), para garanti-la correcta execución do proxecto.

De conformidade co artigo 117 do TRLS, sométese a exposición pública durante 15 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que poida ser examinado e presentadas as alegacións procedentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 19 de abril de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

3149