Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 02 de maio de 1996 Páx. 4.042

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 16 de abril de 1996 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan (As Pontes de García Rodríguez e dúas máis).

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 12 de febreiro de 1996 (BOE do 29 de febreiro), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial;

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e decreto da Xunta de Galicia

13/1994, do 20 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-las notarías vacantes radicadas no territorio desta comunidade autónoma, nomea a:

-Jesús Basanta Barro, notario de Castro de Rei, 3ª, para a notaría das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

-María-Isabel Louro García, notaría de Gutiriz, 3ª, para a notaría de Ribadavia (Ourense).

-José-Manuel Lois Puente, notaría de Ribeira, 2ª, para a notaría da Coruña.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1996.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Sr. Director Xeral de Xustiza e Interior

3143