Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 4.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-245).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 14 de marzo de 1996, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle redactado para a ordenación de volumes sobre as parcelas H-1 e H-2 dentro do plan parcial nº 6, en Oleiros.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo de dito prazo o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, e poderanse face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables.

Oleiros, 9 de abril de 1996.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.