Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 4.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996 pola que se convoca o XV Premio de Novela Longa Blanco Amor.

Convocante: Concello de Brión.

Participantes: poderán concorrer tódolos autores de calquera nacionalidade que presenten unha ou varias obras inéditas escritas en lingua galega na normativa oficial.

Premio: un millón cincocentas mil pesetas.

Presentación de obras: segundo as condicións detalladas nas bases, as obras enviaranse por correo, sen remite e baixo lema, ó Concello de Brión, Casa da Cultura, Pedrouzos, s/n, 15865 Brión, coa indicación no sobre Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor.

En sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicarase o nome e enderezo do autor. De cada obra remitiranse cinco copias.

Prazo: a admisión de orixinais rematará o 30 de xullo de 1996.

Información e recollida de bases: Concello de Brión, Casa da Cultura, Pedrouzos, 15865 Brión (A Coruña). Teléfonos (981) 88 70 06, 88 74 20, 88 73 30. Telefax (981) 88 74 31.

Brion, 15 de abril de 1996.

José Luis García García

Alcalde

3091