Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 3.988

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de abril de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Soutullo II.

Visto o expediente incoado por Luisa Otero Méndez, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de ostra e vieira denominado Soutullo II, outorgado pola Orde ministerial do 9-12-1964 (BOE nº 302), situado na cuadrícula nº 15, do polígono F de O Grove, rematando a concesión o 18-12-2004, e do que era titular Manuel Otero Vidal.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o cuaderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Luisa Otero Méndez e Manuel Otero Méndez.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 1 de abril de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

9603013