Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 3.973

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Tiro Olímpico.

Vistos os estatutos da Federación Deportiva Galega de Tiro Olímpico e a acta de aprobación da asemblea xeral extraordinaria do 4-11-1995.

Visto o informe da sección de rexistro de clubs e ausntos xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995 de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990 xeral do deporte e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

ESTATUTOS

Federación Galega de Tiro Olímpico

Título I

Ámbito de aplicación

Capítulo I

Denominación, domicilio social e finalidades básicas

Artigo 1º

A Federación Galega de Tiro Olímpico, é unha entidade que reúne ós tiradores, árbitros, entrenadores e outros técnicos e deportistas, así como ás asociacións, agrupacións, clubs e entidades dedicadas á práctica do tiro olímpico en tódalas súas versións, dentro da autonomía galega.

Artigo 2º

A Federación Galega de Tiro Olímpico ten plena personalidade xurídica, capacidade patrimonial absoluta e capacidade de obrar para o cumprimento das súas finalidades, de acordo co sinalado polos estatutos da autonomía de Galicia, Lei 10/1990, de 15 de outubro, do deporte, as posteriores leis ou outras normas que se poidan desenvolver posteriormente (Orde do 28 de xullo de 1995), os estatutos da Federación Española de Tiro Olímpico, os presentes estatutos, regulamentos e disposicións que os desenvolvan no seu día, e as normas e acordos que se dicten nas asembleas e polos restantes organos de goberno.

Artigo 3º

A Federación Galega de Tiro Olímpico, terá o seu enderezo social, para asuntos de Facenda, na rúa do Paseo, 27 baixo, de Ourense, pero para asuntos de trámite, será onde resida o seu presidente, con neste caso, Avda. do Almirante Carrero Blanco, 57 Entlo., DP 27002, de Lugo, apartado de correos nº 590, DP. 27080, teléfono (982) 24 02 41 e fax (982) 24 02 51.

E se houbera algún camibio daríase conta a tódolos organismos dos que depende esta federación.

Artigo 4º

É función da Federación Galega de Tiro Olímpico, ordenar, impulsar e dirixir tódalas actividades oficiais do tiro olímpico e tódalas modalidades que comprenden prato e precisión nas que se incluíron tódalas modalidades de tiro, dependentes da Real Federación Española de Tiro Olímpico, e no plano internacional da UIT (Unión Internacional de Tiro), MLAIC (Comité Internacional de Tiro con Armas Antigas de Avancarga) (Armas históricas), FITASC (Federación Internacional de Tiro con Armas de Caza), e IPSC (The International Practicas Shooting Confederation), a través da nosa nacional en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

-A sección de plato comprende as seguintes modalidades:

* Foso olímpico: UIT.

Foso universal: FITASC.

Recorridos de prato e compak sportin: FITASC.

Traap americano.

* Dobre traap.

Minifoso.

Robot.

Maquinillos.

* Skett.

-A sección de precisión comprende as seguintes modalidades:

Bench rest (alta competición):

Percorridos de tiro: IPSC.

* Pistola libre: UIT.

* Pistola velocidade: UIT.

* Pistola aire: UIT.

Pistola 30+30 sport: UIT.

Pistola fogo central: UIT.

Pistola 9 m/m: UIT.

Pistola standar internacional: UIT.

* Carabina aire: UIT.

* Carabina pequeno calibre 3x40: UIT.

* Carabina pequeno calibre tendido: UIT.

* Carabina pequeno calibre 3x20: UIT.

* Carabina estándar pequeno calibre 3X20: UIT.

Fusil libre groso calibre tendido 300 m: UIT.

Fusil libre groso calibre calibre tendido 300 m 3x40: UIT.

Fusil estándar groso calibre 300 m 3x20: UIT.

Blanco móbil a 50 m: UIT.

* Blanco móbil a 10 m: UIT.

Carabina velocidade única disciplina: FEGATO.

-Modalidades da avancarga depdentes da MLAIC:

Fusil Muiguelete.

Fusil Maximilian.

Fusil Minie.

Fusil Whitworth.

Fusil Walkiria.

Fusil Wetterli.

Fusil Hizadi.

Fusil Tanegashima.

Revolver Colt.

Revolver Mariette.

Pistola Cominazzo.

Pistola Kuchenrueter.

Son modalidades olímpicas as sinaladas con «*».

A Federación Galega de Tiro Olímpico podera aumentar dentro desta federación calquera outra modalidade que autoricen ou aproben nacional ou internacionalmente os organismos competentes.

Artigo 5º

Son competencias da Federación Galega de Tiro Olímpico:

a) Cualificar e organiza-las actividades e competicións oficiais dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Elaboración dos programas de promoción xeral da actividade de tiro olímpico no eido da Comunidade Autónoma.

c) Colaborar coas administracións públicas na formación de técnicos deportivos, e na prevención, control e represión do uso de substancias prohibidas e da violencia no deporte.

d) Organizar e dirixir en exclusiva as competicións de carácter oficial que se celebren dentro do seu ámbito territorial, de acordo coas normas e regulamentos autonómicos, nacionais e internacionais que lles sexan de aplicación. Expedirán para estes efectos as correspondentes licencias deportivas.

e) A representación de Galicia en actividades e competicións deportivas de carácter estatal organizando as seleccións autonómicas.

f) Exerce-lo control das subvencións oficiais que se lles asignen as asociacións e entidades deportivas nas condicións que regulamentariamente se establezan.

g) Exerce-la potestade disciplinaria deportiva, nos termos establecidos na normativa, sobre todas aquelas persoas ou entidades, que encontrándose federadas, desenvolvan a modalidade deportiva correspondente no eido territorial da Comunidade Autónoma.

h) Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

i) Promociona-lo desenvolvemento e práctica do tiro, regulamentar e ensina-la súa técnica, e organiza-los campionatos e competicións de carácter rexional.

j) Formar e cualifica-lo persoal técnico e deportistas especializados.

k) A asignación, control e fiscalización das axudas e subvencións para os seus afiliados, efectuadas por esta Federación Galega de Tiro Olímpico.

l) Promover, regulamentar e coordina-las funcións e competencias das delegacións e subdelegacións provinciais.

Artigo 6º

As federacións non poderán solicitar, comprometer ou organizar actividades ou competicións oficiais de carácter nacional ou internacional sen a prévia consulta á Secretaría Xeral para o Deporte.

Capítulo II

Ámbito xurisdiccional

Artigo 7º

A Federación Galega de Tiro Olímpico, ten plena xurisdicción en tódolo territorio galego.

Artigo 8º

Quedan sometidos á disciplina da Federación Galega de Tiro Olímpico, os seus directivos e funcionarios, os delegados provinciais, subdelegados, directivos, tiradores, árbitros, entrenadores, técnicos e delegados das asociacións, agrupacións, clubs e outras entidades. Cando actúen no eido de carácter nacional ou internacional, estarán ó que determinen os estatutos e disposicións da Federación Española de Tiro Olímpico, e no seu caso ás da UIT (Unión Internacional de Tiro), MLAIC (Comité Internacional de Tiro con Armas Antigas de Avancarga (Armas históricas)), FITASC (Federación Internacional de Tiro con Armas de Caza) e IPSC (The International Practical Shooting Confederation).

Capítulo III

Organización territorial

Artigo 9º

A Federación Galega de Tiro Olímpico, estará formada por catro delegacións pronciais, correspondentes á Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, e as subdelegacións necesarias, para a organización do tiro. As subdelegacións, poderán nomearse nos lugares que se consideren necesarios ou convenientes, as que dependerán da delegación provincial a que per

tenzan, nomeadas polos delegados provinciais. Os seus cesamentos serán tamén acordados polo delegado ou polo presidente.

Capítulo IV

Organización funcional

Artigo 10º

Os órganos de goberno da Federación Galega de Tiro Olímpico, son: a asemblea xeral, a xunta directiva e a comisión delegada.

Artigo 11º

A Federación Galega de Tiro Olímpico, rexerase, para o cumprimento das súas finalidades e actividades, polos presentes estatutos, así como polas normas, regulamentos, circulares e acordos da xunta directiva, da asemblea xeral e a comisión delegada.

Artigo 12º

Correspóndelle a representación da federación o seu presidente, que presidirá tódolos actos e órganos de goberno.

Título II

Dos membros da federación

Capítulo I

Requisitos para ser membro da federación

Artigo 13º

Poderán ingresar como membros da federación tódas aquelas persoas dun e outro sexo que o desexen sempre que se inclúan nalgún dos estatutos persoais establecidos nos artigos 17 e seguintes, así como as persoas enumeradas no artigo 1 do Decreto 228/1994, de 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

Artigo 14º

Os menores de 18 años de idade, poderán pertencer á federación, pero non formar parte dos órganos directivos e de representación.

Capítulo II

Ddeberes e dereitos

Artigo 15º

Os membros da federación teñen os dereitos seguintes:

a) Elixir e seren elixidos para formar parte da asemblea xeral e para cargos directivos, con voz e voto.

b) Propor por escrito ós órganos de goberno queixas e suxerencias respecto da federación e as súas actividades.

c) Solicitar información sobre a marcha da federación.

d) Desfrutar de tódolos beneficios da federación segundo as normas e disposicións regulamentarias dela ou cantos outros lles sexan concedidos a aquelas por entidades privadas ou públicas.

e) Desfrutar de tódolos dereitos que como membro desta federación lles correspondan, a teor das normas dadas polos organismos competentes.

Artigo 16º

Son obligacións dos seus membros:

a) Participar nas actividades da federación e traballar para o logro das súas finalidades.

b) Prestar cantos servicios determinen os estatutos, regulamentos e acordos dos órganos de goberno.

c) Desempeña-los cargos para os que foron elexidos.

d) Satisface-las cotas que se establezan.

e) Respecta-lo previsto nos estautos.

Capítulo III

Estatutos persoais

* As asociacións, agrupacións, clubs e resto de entidades.

Artigo 17º

As asociacións, agrupacións, clubs e otras entidades, terán que seren inscritas na Federación Galega de Tiro Olímpico.

Artigo 18º

Tódalas entidades afiliadas á Federación Galega de Tiro Olímpico, quedarán sometidas ás normas e disposicións desta, contribuirán o cumprimento das súas finalidades dunha forma harmónica e activa, baixo os principios democráticos dos presentes estatutos, e participarán nas súas actividades.

* Os tiradores.

Artigo 19º

Os tiradores son as persoas naturais que en posesión de toda documentación regulamentaria esixible, practican o deporte do tiro olímpico.

Artigo 20º

Tódolos tiradores inscritos, por medio das entidades correspondentes quedarán sometidos as normas e disposicións da Federación Galega de Tiro Olímpico, contribuirán o cumplimento das súas finalidades dunha maneira activa e harmónica, baixo os principios democráticos dos presentes estatutos e participarán nas súas actividades.

* Os entrenadores.

Artigo 21º

Os entrenadores, son as persoas naturales, que teñen título oficial, e subscribindo licencia vinculada á federación galega, encarganse da ensinanza, preparación e dirección técnica do tiro olímpico.

Artigo 22º

Tódolos entrenadores estarán inscritos no Colexio Galego de Adestradores e quedarán sometidos ás normas e disposicións da Federación Galega de Tiro Olímpico, contribuíndo ó cumprimento das súas fina

lidades, dun xeito activo e harmónico, baixo os principios democráticos dos presentes estatutos, e participarán nas súas actividades.

* Os árbitros.

Artigo 23º

Os árbitrosson as persoas naturais, que coa titulación necesaria e a licencia federativa, exercen como xuíces nas competicións de tiro, sendo a máxima autoridade dentro do campo de tiro.

Artigo 24º

Tódolos árbitrosestarán inscritos no Colexio Galego de árbitros, quedando sometidos as normas e disposicións da Federación Galega de Tiro Olímpico, contribuíndo ó cumprimento das súas finalidades dun xeito activo e harmónico, baixo os principios democráticos dos presentes estatutos e participarán nas súas actividades.

Título III

Órganos de goberno, representación e administración

Capítulo I

Asablea xeral

Artigo 25º

A asemblea xeral é o organo de goberno da Federación Galega de Tiro Olímpico, que estará formada polos asambleístas que resulten elexidos.

Os asambleístas, repartiranse da seguinte forma:

* Número total de membros 30 (50% prato e 50% precisión), en total 15+15 repartidos da seguinte maneira:

-Clubs: 60% sobre 30 membros = 18 (50% prato e 50% precisión), en total 9 clubes de plato e 9 clubs de precisión.

-Deportistas: 20% sobre 30 membros = 6 (50% prato e 50% precisión), en total 3 deportistas de prato e 3 deportistas de precisión.

-árbitros: 5% sobre 30 membros = 2 (50% prato e 50% precisión), en total 1 árbitro de prato e 1 árbitro de precisión.

-Adestradores: 5% = 1,5 sobre 30 membros (50% prato e 50% precisión), en total 1 entrenador de prato e 1 entrenador de precisión).

Quedan dous membros vacantes para integrar outros colectivos que poidan crearse.

O nomeamento ou a renovación dos membros dos órganos de goberno e representación, dos órganos complementarios e dos comités que poidan crearse dentro das federacións deportivas galegas, deberán ser comunicados a tódolos membros da asemblea xeral e á Secretaría Xeral para o Deporte nun prazo máximo de 15 días a partir da data de nomeamento.

Estos nomeamentos e, se é o caso, as causa que motivaron a renovación deberán incluírse necesariamente na orde do día da seguinte reunión da comisión delegada.

Tódolos cargos terán unha duración de 4 anos e serán elexidos cada 4 anos por sufraxio libre, igual, directo e secreto, entre e polos compoñentes de cada estamento de acordo coa proporción establecida, coincidindo cos anos dos Xogos Olímpicos de Inverno. Serán órganos electivos o presidente, a asemblea xeral e a comisión delegada. Os demáis órganos serán designados e revocados polo presidente.

Artigo 26º

As asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria, cando se atopen presentes a metade máis un dos seus membros. En segunda convocatoria se constituirán cos membros presentes.

As asembleas ordinarias ou extraordinarias, serán convocadas en primeira e segunda convocatoria con media hora de diferencia. A convocatoria farase pública no taboleiro de anuncios da federación e nas delegacións provinciais con una anticipación mínima de dez dias naturais, a data da súa celebración. En todo caso farase mediante escrito dirixido a tódolos membros con dereito de asistencia por calquera medio que permita ter constancia da data de recepción desta, cunha antelación mínima de 48 horas, indicando o lugar, data, e hora da citada celebración, así como a orde do día, cos asuntos a tratar.

O voto será persoal, os non asistentes non poderán delega-la súa representación e voto, salvo o correspondente ós clubs deportivos, nos que poderán exercelo o presidente ou a persoa na que delegue, (sempre que non sexa membro da asemblea da federación, de acordo cos presentes estatutos), con carácter expreso e escrito para cada reunión. Ninguén poderá obstentar máis dunha delegación de voto.

Artigo 27º

Correspóndelle a asemblea xeral, en reunión plenaria as seguintes funcións.

a) A aprobación e modificación dos presentes estatutos e aproba-los regulamentos que sexan necesarios para o desenvolvemento e organización da federación.

b) Fixa-las cotas, os dereitos e outras contribucións dos membros.

c) Aproba-lo orzamento anual e a súa liquidación, e o balance, contas e memoria que é necesario formalizar en cumprimento das disposicións vixentes.

d) A aprobación do calendario deportivo, das bases e regulamentos que rexerán a competición.

e) Resolve-las propostas que sexan sometidas pola xunta directiva ou polos membros da asemblea, que representen un 10% como mínimo, sempre que o fagan por escrito e que teña entrada na secretaría da federación con seis días de anticipación a data da celebración.

f) A elección e o cesamento do presidente.

g) Fixa-lo criterio da federación, en relación coas propostas recibidas de organismos superiores e que as someterá á xunta directiva e á comisión delegada.

Artigo 28º

A asemblea xeral reunirase, polo menos unha vez ó ano, en sesión ordinaria para trata-los asuntos da súa competencia, entre os que están incluída a aprobación do novo orzamento e liquidación do anterior, aprobación do calendario deportivo, e das bases ou regulamentos que rexeran as competicións e para a aprobación da memoria de actividades anuais.

As demais reunións serán en sesión extraordinaria, e serán convocadas polo presidente, ou a proposta dun número de membros da asemblea non inferior o 25%, neste caso o presidente debe convocala necesariamente no prazo de dez días naturais, e desde a convocatoria ata a data de celebración da asemblea non poden transcorrer máis de quince días naturais.

Artigo 29º

A asemblea celebrarase en sesión xeral, e por razón dos asuntos que se vaian tratar, se estes o permiten, en sesións independentes a criterio da xunta directiva. A orden das sesións será determinada pola devandita xunta directiva.

Arigo 30º

As asembleas xerais, serán presididas polo presidente da xunta directiva da federación, ou quen o sustitúa, e actuará como secretario o que o sexa da dita xunta. Os acordos adoptaranse por maioría simple. No caso de empate será dirimente o voto do presidente. Nembargantes cando se trate de realizar actos de alleamento ou gravamen de inmobles, pedir prestado, emitir títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial e modifica-los estatutos, será necesaria a maioría dos dous tercios dos votos dos asistentes e dos delegados.

Artigo 31º

Na sesión xeral, tódolos compoñentes da asemblea, terán dereito a un voto persoal e non se admitirá a delegación de voto, salvo a excepción citada correspondente ós clubs deportivos que poderá exercelo o seu presidente ou a persoa na que delegue, (sempre que no sexa membro da asemblea da federación, de acordo cos presentes estatutos), e sempre que o sexa con carácter expreso e escrito para cada reunión. En todo caso ninguén poderá obstentar máis dunha delegación de voto.

Artigo 32º

O presidente da xunta directiva da federación, presidirá a asemblea, dirixirá os debates e resolverá as cuestións de orden e procedemento que se susciten.

Artigo 33º

Os acordos serán adoptados expresamente, logo da súa redacción e despois da conseguinte votación. As votacións poderán realizarse, oralmente ou por medio de voto secreto por escrito, segundo determine a presidencia, menos cando as tres cuartas partes dos votantes, soliciten un sistema concreto.

Artigo 34º

En tódalas sesións da asemblea farase no primeiro lugar o reconto dos presentes e das persoas que ostenten votos por delegación, resolvendo o presidente as impugnacións e reclamacións que poidan formula-los presentes, en relación coa súa inclusión, ou exclusión ó número de votos.

Artigo 35º

Nas actas das asembleas, recolleranse os nomes dos asistentes e de quen ostente delegación de voto, con indicación da súa representatividade.

Artigo 36º

Tamén nas actas das asembleas se recolleran os acordos que estimen as ponencias sometidas ou aqueles acordos que se susciten e aproben no transcurso das sesións.

Calquera membro poderá facer constar que emitiu o seu voto contrario a un determinado acordo, nese caso, eximirase das responsabilidades que poidan derivarse dos acordos dos órganos colexiados.

A redacción definitiva da acta será enviada a tódolos membros da asemblea, para o seu coñecemento, nun prazo máximo de quince días, a partir do que empezarán a transcorre-los prazos de impugnación dos acordos adoptados. A acta considerarase aprobada se transcorridos trinta días naturais desde a súa remisión non se formulase observación ou impugnación algunha do seu contido y serán firmes e executivos, sen prexuizo da súa ratificación e aprobación na seguinte asemblea.

O anterior entenderase sen prexuizo do dereito dos membros da asemblea xeral a impugnar ante a xurisdicción ordinaria os acordos adoptados (cuando sexan acordos contrarios á legalidade vixente, se opoñan ós estatutos ou lesionen os intereses da federación) segundo os trámites establecidos pola lexislación vixente.

Artigo 37º

Para a elección e nomeamento da xunta electoral para as eleccións a presidente, e a membros da asemblea xeral e da comisión delegada, na orde do día da respectiva convocatoria de eleccións constará o procedemento que se vaia seguir para a súa elección e nomeamento, que estará integrado por tres membros titulares e tres suplentes que se elixirán entre persoas que non sexan candidatos, de entre e polos membros da asemblea xeral en elección libre, directa, igual e secreta.

Os membros da xunta electoral non poderán figurar como candidatos ós cargos de representación electa da asemblea e á presidencia da Federación Galega de Tiro Olímpico.

Capítulo II

Comisión delegada

Artigo 38º

A asemblea xeral poderase reunir en pleno ou en comisión delegada.

Artigo 39º

A comisión delegada será elixida pola asemblea xeral mediante sufraxio entre os membros desta. O seu mandato coincidirá co da asemblea xeral, será presidida polo candidato máis votado e o seu secretario será o secretario xeral da Federación Galega de Tiro Olímpico.

O presidente da federación convocará a comisión delegada que se reunirá, como mínimo cada 4 meses para os fins da súa competencia e ó menos para realiza-lo seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

Correspóndelle á comisión delegada da asemblea xeral, con independencia do que poida serlle asignado nos estatutos federativos:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) A modificación do calendario deportivo.

c) A modificación dos orzamentos.

d) O seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

As modificacións non poderán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea xeral estableza.

A proposta sobre os temas que se van a tratar na comisión corresponde exclusivamente o presidente ou a dos tercios dos membros da comisión delegada.

Artigo 40º

A composición da comisión delegada sera:

-2 representantes de clubs de prato.

-2 representantes de clubs de precisión.

-1 representante de deportistas de prato.

-1 representante de deportistas de precisión.

Son 6 membros en total, de producirse algunha vacante, cubrirase co seguinte candidato máis votado.

Capítulo III

A xunta directiva

Artigo 41º

A xunta directiva será o órgano colexiado de xestión da federación, sendo os seus membros designados e revocados libremente polo presidente, quen a presidirá.

Os membros da xunta directiva que non o sexan da asemblea xeral, terán acceso as sesións desta, con dereito a voz pero sen voto.

Artigo 42º

Tódolos cargos son honoríficos e en caso extraordinario, cando se estableza unha compensación económica xustificada a favor dalgún dos seus membros da xunta directiva, ten que ser expresamente acor

dada pola asemblea xeral e constar de maneira diferenciada nos orzamentos. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo as subvencións públicas que reciba a federación.

Artigo 43º

A xunta directiva estará composta por:

-1 presidente (que será o da federación).

-1 vicepresidente da sección de prato.

-1 vicepresidente da sección de precisión.

-4 vicepresidentes (os catro delegados provinciais).

-1 secretario.

-1 tesoreiro.

-3 vocais da sección de prato.

-3 vocais da sección de precisión.

En total (15), os mesmos serán nomeados e cesados polo presidente.

É imprescindible que tódolos membros da xunta directiva pertenzan á Federación Galega de Tiro Olímpico, obstentando os requisitos que para os mesmos esixe o artigo 13º, 14º e 61º dos presentes estatutos.

Artigo 44º

Os membros da xunta directiva da Fegato, non poderán ser titulares de actividades profesionais, comerciales ou industriais, relacionadas co tiro olímpico.

Artigo 45º

Poderán asistir ás reunións das asembleas e ás reunións da xunta directiva, como asesores, con voz pero sen voto, aquelas persoas, as que por razón dos asuntos que se a traten e por proposta do presidente, ou da propia xunta directiva, sexan nomeados para estes asuntos.

Artigo 46º

Tódolos cargos da xunta directiva, teñen as seguintes funcións:

1. Estudiar e redacta-los relatorios que sexa necesario someter as asembleas, tanto por cuestións propias, como por aqueloutras que se susciten a organismos superiores.

2. Fixa-la convocatoria das asembleas ordinarias e extraordinarias e a orde do día de cada unha.

3. Establece-las directrices que sexan necesarias para o mellor desenvolvemento dos programas actuais, e tódalas cuestións derivadas de interese xeral.

4. Resolve-los recursos presentados contra acordos dos comités de competición e das xuntas directivas das delegacións pronviciais. Esta función queda delegada expresamente ó comité de apelación.

5. Exerce-las facultades disciplinarias que outorguen os regulamentos.

6. Aprobar, en primeira instancia, o orzamento, balance e liquidación xeral da cada exercicio económico da federación, que sexa necesario someter á asemblea.

7. Contrata-lo persoal necesario e encomendarlle as súas funcións.

Artigo 47º

O pleno da xunta directiva, ten a obriga de reunirse con caracter ordinario, e como mínimo:

1. Despois das elecións e nomeamentos dos membros, para a súa toma de posesión.

2. Avance da asemblea xeral para a aprobación da Orden do día e relatorias.

3. Despois da asemblea poderá resolver provisionalmente os posibles exámes en relación á acta e, en todo caso fixa-la forma de execución dos acordos prévios.

Artigo 48º

O presidente poderá convoca-lo pleno da xunta directiva, cando o considere necesario.

Artigo 49º

O presidente terá que convocar unha reunión do pleno da xunta directiva, cando o soliciten por escrito a terceira parte dos membros con dereito a voto. Deberá indica-los asuntos que se vaian tratar.

Artigo 50º

As convocatorias do pleno da xunta directiva, deberán facerse cunha anticipación mínima de dez días naturais, tendo que acompañar á orde dos asuntos a tratar. Cada membro poderá propo-la inclusión de asuntos ó correspondente tema, e presentalo na secretaría da federación con dous días de antelación á data da reunión. A aceptación das propostas corresponde o presidente e os vicepresidentes de prato e precisión.

Artigo 51º

O presidente presidirá as reunións, dirixirá os debates, dando e quitando a palabra ós asistentes e limitando o tempo ou o número das intervencións. Poderá sinala-las normas, a orden para seguir, e pasará os asuntos a votación cando o considere necesario, poñendo tódolos medios necesarios para a mellor eficacia e orden das reunións.

Artigo 52º

Os acordos será tomados por maioría simple de votos, sendo dirimente en caso de empate, o do presidente que, para tal efecto, votará en último lugar.

O sistema de votación será determinado en cada caso polo presidente e deberá utiliza-la votación secreta cando llo soliciten as tres cuartas partes dos membros da xunta directiva.

Non se admitirá o voto delegado.

Artigo 53º

O secretario realizará a acta dos acordos tomados en cada reunión e pasaraos ó libro de actas. Cada acta será asinada co visto e prace do presidente. Terá que ser aprobada, se é o caso, na seguinte reunión da xunta directiva.

Capítulo IV

Os comites

Artigo 54º

Os comités de posible creación, serán presididos polo vocal designado polo presidente, e terán toda a responsabilidade sobre a competencia que se lle asigne e poderá resolve-los asuntos de trámite por delegación da xunta directiva. Nestos comités poderanse integrar persoas de especial capacidade, pero que non sexan membros da xunta directiva, e sempre que esta os aprobe. Tamén se poderán integrar todos aqueles órganos técnicos qeu sexan necesarios para mellor cumprimento das súas funcións. Poderán ter un regulamento, aprobado pola asemblea xeral que regulará o seu funcionamento, composición e competencias.

Artigo 55º

Deberá constituírse obrigatoriamente un comité de xuíces-árbitros e oio presidente destes será designado ou cesado polo presidente da federación. As súas funcións serán:

a) Establece-los niveis de formación arbitral.

b) Clasificar tecnicamente, en función de criterios prefixados pola asemblea xeral os xuíces e árbitros, propoñendo á xunta directiva a adscripción ás categorías correspondentes. Estas clasificacións comunicaranse á asemblea xeral.

c) Propo-los candidatos a xuíces e árbitrosnacionais.

d) Proporlle á xunta directiva as normas administrativas que regulan o arbitraxe, para a súa posterior aprobación pola asemblea xeral.

e) Designa-los colexiados nas competicións oficiais de ámbito galego.

f) Colaborar cos órganos competentes da federación respectiva na formación de xuíces-árbitros.

Ademáis poderán crearse os seguintes comites: técnico, apelación, disciplina deportiva, adestradores e calquera outra que considere necesario a xunta directiva.

Capíbulo V

O presidente

Artigo 56º

O presidente da xunta directiva, ten a máxima representación da federación, e para tal efecto, poderá outorga-los poderes que sexan necesarios, incluso os de orde procesual. É o cargo superior da Administración da federación, e correspóndenlle, entre outras facultades, autorizar coa súa sinatura, ou a

da persoa que delegue, os pagamentos e toda clase de documentos públicos ou privados, e todas aqueloutras competencias que lle dean os presentes estatutos.

Artigo 57º

En caso de ausencia ou enfermidade, substituiralle o vicepresidente de prato ou precisión ( o de maior idade).

O presidente cesará nas súas funcións:

1. Por cumprimento do termo para o que foi elixido.

2. Por demisión.

3. Por morte ou incapacidade física permanente declarada legalmente que lle impida o desenvolvemento da súa actividade.

4. Por moción de censura constructiva, a asemblea xeral pode revoca-lo presidente mediante a aprobación dunha moción de censura constructiva:

a) A moción de censura terá que ser proposta a asemblea xeral, o menos polo 25 por 100 dos seus compoñentes, e terá que incluír, necesariamente, a proposta dun só candidato alternativo coa súa aceptación expresa.

b) A moción será debatida e votada entre os dez e trinta días seguintes á súa presentación.

c) A moción de censura considerarase aprobada se lle dá apoio a maioría absoluta dos compoñentes da asemblea xeral, en neste caso quedará automáticamente elixido o candidato proposto polos asinantes da moción.

d) Se a moción de censura non fose aprobada pola asemblea xeral, os que asinen non poderán presentar outra ata que finalice a seu mandato. En ningún caso se poderá presentar unha moción de censura antes de que transcorran seis meses desde a presentación da anterior.

5. Será elixido cada catro anos coincidindo cos anos dos Xogos Olímpicos de inverno por sufraxio libre, igual, directo e secreto, polos membros da asemblea xeral.

6. Os candidatos, que poderán non ser membros da asemblea xeral, deberán avala-la presentación da súa candidatura, mediante a sinatura, o menos do 10 por 100 dos membros da asemblea.

7. Será elixido presidente o candidato que obteña a maioría absoluta dos votos emitidos. No caso de que ningún candidato alcance esta maioría, procederase a unha segunda votación entre os dous candidatos máis votados, resultando elixido o que obtivera a maioria de votos.

8. O presidente gozará de voto de calidade, en caso de empate, naquelas decisións que adopten os órganos que preside.

9. Para poder ser candidato a presidente dunha federación deportiva galega, terá que reuni-las condicións seguintes:

a) Te-la condición de cidadan de Galicia, segundo o que dispón o Estatuto de Autonomía.

b) Ser maior de idade.

c) Estar en pleno uso dos dereitos civís.

d) Non incorrer en ningunha sanción deportiva que o inhabilite.

Artigo 58º

Non poderá ser elixido presidente quen ostentara ininterrompidamente tal condición durante os tres períodos inmediatamente anteriores.

Artigo 59º

A persoa que resultase elixida como presidente da federación ten que cesar en todo tipo de actividades técnicas e directivas no deporte específico e no ámbito territorial da federación galega correspondente, sen perxuízo de conserva-la súa licencia de calquera dos estamentos a que pertenza.

As eleccións de presidente e asambleístas serán controladas pola xunta electoral, a mesa electoral (designada segundo o Regulamento de réxime electoral) e os interventores designados polos candidatos, que levantarán acta una vez finalizada a votación e o reconto. A dita acta, debidamente certificada, remitirase a Secretaría Xeral para o Deporte no prazo de 3 días.

No suposto de que se presentara un só candidato, non se efectuará votación e o secretario xeral para o Deporte ou a persoa na que delegue, proclamará presidente a ese candidato, á vista da acta da xunta electoral.

Se non se presenta ningunha candidatura ou non é válida ningunha das presentadas, a xunta directiva constituída en comisión xestora administrará a federación e convocará e realizará novas eleccións no prazo máximo de tres meses.

Capítulo VI

Nomeamento da xunta directiva

Artigo 60º

Os membros da xunta directiva serán designados e revocados libremente polo presidente, segundo o artigo 41º dos estatutos.

Artigo 61º

Poderá ser designada calquera persoa que teña a condición de galega de acordo cos vixentes Estatutos de Autonomía, ademais terá que ser maior de idade, que teña residencia en Galicia, que estea en pleno uso dos seus dereitos civís, que non teña sanción deportiva que o inhabilite de acordo coas disposicións vixentes, e que acredite dentro do tiro olímpico un mínimo de dous anos, como directivo, árbitro, adestrador ou tirador con licencia deportiva. Tódalas as titulacións estarán recoñecidas pola federación galega, a través dos seus respectivos colexios (árbitros e adestradores).

Artigo 62º

A xunta directiva designada será notificada á Federación nacional e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Capítulo VII

Responsabilidade dos órganos de goberno, representación e administración

Artigo 63º

Os membros dos órganos de goberno, representación e administración responderán frente á federación e fronte a terceiros, do dano que causen por actos contrarios á lei ou ós estatutos e polos realizados sen a dilixencia coa que deben desempeña-lo cargo.

Responderán solidariamente tódolos membros do órgano de administración que realizou o acto ou adoptou o acordo lesivo, menos os que proben que, non intervindo na súa adopción e execución, descoñecían a súa existencia e, coñecéndoa, fixeron todo o conveniente para evita-lo dano, ou polo menos, opuxéronse expresamente a aquel.

En ningún caso exonerará de responsabilidade a circunstancia de que o acto ou acordo lesivo fose adoptado, autorizado ou ratificado pola asemblea xeral.

Título IV

Órganos técnicos

Capítulo I

A secretaría

Artigo 64º

O presidente da federación deportiva galega nomeará un secretario, o que exercerá as funcións de fedatario e asesor.

A secretaría é un órgano de xestión e execución de tódolos temas administratiavos da federación. Será nomeado polo presidente da federación, e as súas funcións serán as de fedatario, asesor e máis especificamente:

a) Levantar acta das sesións dos órganos de goberno e representación da federación, coa indicación dos asistentes, temas tratados e resultado das votacións.

b) Expedi-las certificacións oportunas dos acordos dos órganos de goberno e representación.

c) Remitirlle á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia as actas das reunións da asemblea xeral e das comisións delegadas no prazo de 15 días desde a data da súa celebración.

d) Cantas funcións lle encomenden os regulamentos da federación ou lle sexan delegadas polo presidente.

Artigo 65º

O secretario xeral da feceración serao tamén da asemblea, da xunta directiva, e da comisión delegada, e actuará con voz. No caso de ausencia será,

substituido pola persoa que desine o presidente. O secretario tamén será cabeza do persoal e coidará do bo estado do patrimonio e documentación. En caso de estar remunerado, só terá dereito a voz.

Capítulo II

O tesoreiro

Artigo 66º

A xestión económica da federación será por conta do tesoureiro elixido polo presidente, e terá como funcións específicas as seguintes:

a) Realizar e controla-la contabilidade da federación e rexistrala nos libros de contabilidade, establecidos pola lexislación vixente.

b) Realiza-los cobros e pagamentos, asinando cheques xuntamente co presidente.

c) Regulamenta-las disposicións e face-la inspección económica de tódolos órganos federativos e propo-los medios disciplinarios nos casos de infracción das normas establecidas.

d) Propo-la adquisición de bens necesarios e regulamenta-la súa utilización.

e) Informar da situación dos asuntos pendentes, e propo-las medidas que considere oportunas.

f) Elaborar e presentarlle informes á comisión delegada do estado contable da federación.

g) Calquera outra función que lle encomenden os estatutos e regulamentos da federación.

h) Exerce-la inspección económica de tódolos órganos da federación.

i) Confeciona-lo balance, contas e orzamentos sinalados para a súa presentación á asemblea xeral.

j) Autorizar-los pagamentos de toda clase de documentos bancarios.

En defecto do tesoureiro, o presidente da federación será o responsable de exercer estas funcións, aínda que, para mellor desenvolvemento, poderá delegalas nun administrador.

Título V

Organización territorial

Capítulo I

Delegacións provinciais

Artigo 67º

Para o cumprimento dos fins da Federación Galega de Tiro Olímpico, continuarán as delegacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, desenvolvendo as súas actividades de acordo coas instruccións da federación galega.

Artigo 68º

As delegacións provinciais encargaranse da organización do tiro olímpico no seu eido e manterán relacións coas asociacións, agrupacións, clubs e outras entidades da provincia correspondente.

O fronte de cada delegación provincial, existirá un delegado, o que será nomeado e cesado polo presidente da Fegato.

Dito delegado provincial nomeará libremente os compoñentes da xunta directiva e do que dará conta á Fegato.

Ditos cargos cesarán conxuntamente co delegado que lles nombrou ou por orde do presidente.

Título VI

Réxime económico-financeiro e patrimonial

Artigo 69º

A Federación Galega de Tiro Olímpico, someteráse ó réxime de orzamentos e patrimonio propio e gozará de plena autonomía.

Artigo 70º

O orzamento anual de ingresos e gastos, farase de acordo cos principios de claridade e publicidade. Será equilibrado e recollerá os ingresos e mailos gastos correspondentes a cada actividade con partidas separadas. Farase unha normativa da actividade económica. Tódolos ingresos é necesario que sexan destinados ó cumprimento do seu obxecto social.

Non se poderán reparti-los beneficios entre os afiliados, e quedarán como ingreso para o ano seguinte.

Artigo 71º

Os ingresos serán polos seguintes conceptos:

1. As subvencións que poida recibir do Estado, Xunta de Galicia, federación española, concellos, diputacións e outras entidades oficiais ou privadas.

2. Os dereitos de toda clase, afiliacións, inscricións, cuotas, taxas, licencias, servicios e resto de ingresos que se establezan, prévia aprobación polos órganos correspondentes.

3. A participación que se poida fixar nos ingresos de todo orden que teñan as asociacións, agrupacións, clubs e outras entidades.

4. O importe de sancións e multas que se produzan a consecuencia das competencias que ten a federación e as súas entidades e organismos no exercicio da disciplina federativa.

5. Os bens que por calquera concepto se produzan nos actos, encontros e competicións que se organicen.

6. Os donativos, subvencións e outros ingresos que se deriven do exercicio da actividade propia da federación.

7. Os préstamos ou créditos que se lle concedan.

8. Os procedentes de calquera outra actividade que, a título lucrativo por explotación, ou renda de bens ou dereitos, producise a federación.

Artigo 72º

A federación poderá destina-los seus bens industriais, comerciais, profesionais ou de servicios, ou

executar actividades do mesmo carácter, cando os posibles rendementos se apliquen integramente á conservación do seu obxecto social. Os beneficios derivados de competicións ou encontros dirixidos ó público aplicaránse ás actividades de ensino e promoción do tiro olímpico.

Artigo 73º

As cantidades dispoñibles terán que seren depositadas en entidades bancarias ou de aforro, a nome da Federación Galega de Tiro Olímpico, sendo necesarias as firmas do presidente e do tesoureiro, ou persoa que se poida nomear, coa finalidade de dispor das citadas cantidades. Esta terceira persoa, será nomeada polo presidente.

Artigo 74º

O ano económico comenzará o 1 de xaneiro e rematará o 31 de decembro seguinte.

Artigo 75º

Para os actos de gravame ou alleamento de bens inmobles, que no caso de instalacións deportivas é necesario reinvestir en bens da mesma natureza, valerá a aprobación dos dous tercios de votos presentes ou delegados da asemblea xeral extraordinaria e non quedando comprometido o patrimonio da federación ou as actividades propias. Para iso poderá pedirse por un mínimo de 5% dos membros da asemblea, un dictame económico actuarial.

Artigo 76º

Para pedir diñeiro a préstamo, á parte do acordo da asemblea xeral extraordinaria dos dous tercios, se a cantidade é superior ó 25% do orzamento anual, ou é igual ó valor do patrimonio, será necesario tamén a aprobación da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Tamén fará falta facelo así cando se trate de emitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, que sexan nominativas. Nos duos supostos, poderá pedirse o dictame económico-actuarial sinalado no artigo anterior.

Artigo 77º

Os títulos de débeda ou parte alícuota, levarase nun libro-rexistro especial, con indicación das transferencias nominativas que se fagan a outros afiliados, valor nominal, data de emisión, se é o caso, os xuros e térmo da amortización.

Estes títulos nominativos darán os xuros establecidos na vixente lexislación, e os seus propietarios non terán ningún dereito especial.

Artigo 78º

A federación galega e as delegacións provinciais nos seus ámbitos, poderán fiscalizar e controla-las subvencións doadas ás asociacións, agrupacións, clubs e outras entidades.

Artigo 79º

A memoria, orzamento, balances e liquidacións do dito orzamento, aprobaranse pola xunta directiva

e serán ratificadas na primeira asemblea ordinaria que se celebre. O resultado das auditorías que regulamentariamente haxa que facer, informarase tamén na primeira asemblea.

Artigo 80º

Para cumprimento das obrigas indicadas, as delegacións achegarán os libros de contabilidade regulamentariamente establecidos. Estes libros legalizaranse na secretaría da Fegato.

Título VII

Interpretación, aprobación e reforma dos

Estatutos e regulamentos

Artigo 81º

Calquera dúbida sobre a interpretación dos estatutos e regulamentos será resolvida pola xunta directiva e comisión delegada, quen posteriormente a someterá á asemblea xeral.

Artigo 82º

Os estatutos e regulamentos da federación non poderán ser aprobados nin modificados máis que pola asemblea xeral, mediante os votos afirmativos das tres cuartas partes dos membros presentes ou representados votantes.

Título VIII

Disolución da federación

Artigo 83º

As federacións deportivas galegas extinguiranse polas seguintes causas:

a) Polas previstas nos seus estatutos.

b) Pola revogación do seu recoñecemento.

c) Por resolución xudicial.

d) Por integración noutras federacións.

e) Polas demais causas previstas no ordenamento xurídico xeral.

Artigo 84º

Se a Federación Galega de Tiro Olímpico se disolvese por algún dos motivos arriba indicados, o seu patrimonio pasará a disposición da Secretaría Xeral para o Deporte, e se destinará o mesmo a realizacións análogas.

Disposicións adicionais

Primeira.

Para acollerse ós beneficios recollidos na Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral, os libros os que se refire o apartado «a» da presente disposición adicional deberán legalizarse no Rexistro Mercantil da provincia correspondente ó seu domicilio social.

a) Réxime documental da federación, que incluirá como mínimo: libro de actas dos órganos de goberno e representación, libros de contabilidade, libro ou

rexistro dos clubs e asociacións afiliadas, e libro donde se recolla a relación de bens mobles e inmobles, todos eles debidamente dilixenciados.

b) Especial atención deberá de terse cos libros de actas que se legalizarán en branco ó igual có resto dos libros, caso de levarse contabilidade manual.

Segunda.

En toda competición será nomeado un xurado de competición composto por tres tiradores que resolverán ou darán curso ás impugnacións que lles presenten. Se non resolven, darán curso o comité de apelación, composto por tres membros. Este resolverá as ditas impugnacións en 10 días, en caso de non existiren, pasarán á comisión delegada. Si se segue recorrendo, pasará ó comité de disciplina da Fegato e se non houbese, ó comité de disciplina da Xunta de Galicia.

Disposición transitoria

Primeira.

Os presentes estatutos entrarán en vigor o día seguinte o da súa aprobación en asemblea xeral sen prexuízo das posteriores modificacións que poida establecer para súa aceptación e inscrición no Rexistro de Clubs, federacións e Entidades Deportivas, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Segunda.

No non recollido nos presentes estatutos, haberá que aterse ó estipulado na Orde do 28 de xullo de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ó través da súa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Os presentes estatutos foron aprobados en asemblea xeral extraordinaria o día 2 de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Fernando Núñez Abal

Presidente

Mª Milagros Pérez Rodríguez

Secretaría general

2764