Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 1996 Páx. 3.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1996, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais da obra acondicionamento da estrada C-550. Tramo: Padrón-Bacariza. Clave: N-AC-87.8.1.

Aprobado técnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 21 de febreiro de 1996, o estudio informativo acondicionamento da estrada C-550. Tramo: Padrón-Ba

cariza, clave: N-AC-87.8.1, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, a fin de que as persoas que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante a Subdirección Xeral de Estradas, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994 de 14 de setembro, de estradas de Galicia; sinalándose que o citado estudio informativo pódese examinar durante dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e na Xefatura Provincial de Estradas da Coruña pertencente a dita consellería.

Así mesmo sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de 15 días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro de protección ambiental

de Galicia e no Decreto 327/1991 de 4 de outubro, de medio ambiente de Galicia; estando a exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña e nos concellos afectados.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1996.

Guillermo Grandío Chao

Subdirector xeral de Estradas

2935