Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 1996 Páx. 3.961

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996 pola que se anuncia a celebración dunha mesa redonda con motivo do Día das Letras Galegas.

En execución do Plan de actividades da EGAP para o ano 1996 e do previsto no Decreto 15/1996, do 12 de xaneiro, polo que se declara 1996 Ano de Xesús Ferro Couselo, a EGAP anuncia a celebración dunha mesa redonda sobre este galego insigne comprometido coa nosa cultura, que se celebrará conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Con motivo de declara-la Real Academia Galega o Días das Letras Galegas de 1996 dedicado a Xesús Ferro Couselo, a EGAP súmase, como institución pública galega, á homenaxe deste personaxe, organizando unha mesa redonda sobre a súa vida e obra. Esta acción formativa completarase cunha viaxe de interese cultural a Ourense.

2. Destinatarios.

Na mesa redonda poderá participa-lo persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso o persoal de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 40 prazas). Será condición indispensable ter asistido á mesa redonda.

3. Desenvolvemento.

-Día 9 de maio, de 13 h. a 14.30 h. na EGAP: mesa redonda sobre a vida e obra de Xesús Ferro Couselo.

-Día 17 de maio: viaxe a Ourense. Saída da Coruña, (praza do Obelisco), ás 8 horas e da EGAP ás 9.15 horas.

5. Inscrición.

-Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703 Santiago de Compostela.

-Forma de envío: por correo ó enderezo anterior ou por fax ó número (981) 57 15 40.

-Prazo: remata ás 12 h. do día 9 de maio.

6. Información.

Servicio de Estudios, Investigación e Publicacións. Teléfono (981) 57 08 00.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

2749