Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 27 de abril de 1996 Páx. 3.945

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 149/1996, do 25 de abril, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de alargamento e mellora da estrada LU-612. de Lugo a Portomarín, treito: Seoane - Mougán (clave: N/LU/90.4.2).

Con data do 15 de abril do 1996, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto da obra de alargamento e mellora da estrada LU-612 de Lugo a Portomarín, treito: Seoane - Mougán (clave: N/LU/90.4.2).

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada na referida declaración pola continuidade das actuacións feitas no itinerario e por contar co financiamento da Comunidade Europea (MAC-2).

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de abril de mil novecientos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto da

obra de alargamento e mellora da estrada LU-612 de Lugo a Portomarín, treito: Seoane - Mougán (clave: N/LU/90.4.2).

Santiago de Compostela, vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9603200