Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 27 de abril de 1996 Páx. 3.939

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 17 de abril de 1996 pola que se modifica o anexo V da do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación de taxas.

As modificacións sufridas nas estructuras orgánicas dalgunhas consellerías inciden na xestión de taxas e prezos, posto que os órganos xestores delas están codificados para os efectos do control dos ingresos obtidos por ámbolos dous conceptos, tal e como se establece no artigo 3, parágrafo 3º da dita orde. Por este motivo, débese proceder á modificación deste anexo para adaptalo ás novas estructruras orgánicas das consellerías que foron obxecto de cambios.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia da seguinte forma:

ANEXO V

Relación de servicios

11 Sanidade e Servicios Sociais

01 Secretaría

02 Planificación e Ordenación

03 Sergas-Secretaría

06 Sergas-Farmacia

07 Servicios Sociais

08 Saúde Pública

13 Xustiza, Interior e Relacións Laborais

01 Secretaría

02 Xogo

03 Relacións Laborais

10 Academia Galega de Seguridade

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

96-2778