Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.926

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 9 de abril de 1996, do tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo da categoría de TER, convocado por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 19 de xuño de 1995, polo que se fai pública a anulación dunha pregunta do primeiro exercicio da fase de oposición.

Advertidas deficiencias na redacción de unha pregunta do primeiro exercicio da fase de oposición do concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde de TER, este tribunal acorda facer pública a anulación da pregunta nº: 120, que será debidamente substituída pola respectiva pregunta de reserva nº: 126, de conformidade co apartado 13, da base sexta da resolución do 19 de xuño de 1995.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1996.

Rafael Mateo Rodríguez

Presidente do tribunal

96-3067