Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996 pola que se convocan unhas xornadas sobre política forestal.

A Escola Galega de Administración Pública e a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Xunta de Galicia, organizan, de acordo coas seguintes bases, unhas xornadas lexislativas sobre política forestal:

1.-Obxectivos.

Debater aspectos de política forestal, coa finalidade de sentar unhas bases e establecer uns criterios sobre o marco lexislativo da política forestal en Galicia. A actividade citada terá lugar na EGAP os días 14 e 15 de maio de 1996.

2.-Contido.

Nestas xornadas abordaranse, entre outras, as seguintes cuestións:

-A necesidade dun novo marco lexislativo para o desenvolvemento da política forestal en Galicia.

-Criterios para un novo marco xurídico dos montes veciñais en man común.

-A xurisprudencia en materia forestal.

-A protección xurídica dos montes: a intervención do Ministerio Fiscal.

-A propiedade forestal no momento actual.

-Dereito comparado no Estado das autonomías, en materia de montes e aproveitamentos forestais.

3.-Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas.

4.-Desenvolvemento e duración.

As xornadas abriranse o martes, 14 de maio, ás 9.45 horas e rematarán, ás 13 horas do día seguinte.

5.-Inscrición.

-Prazo: remata o mércores, día 8 de maio de 1996.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703, Santiago de Compostela). Tfno. 57 08 00. Fax nº 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderán enviarse por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas libres, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 10 de maio, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono en días laborables, de 11.30 a 1445 horas, ó seguinte número: 981 57 08 00 (ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos

que se exporá no taboleiro de anuncios da EGAP 48 horas despois de remata-lo prazo de presentación de solicitudes.

6.-Certificado de asistencia.

Entregaráselles ó rematar en estas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a

estas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

3060