Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 26 de abril de 1996 Páx. 3.911

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A. (UNVI S.A.) de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Unidad de Vehículos Industriales S.A. (UNVI S.A.) (código nº 3200722) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité da empresa, en xuntanza celebrada o 11 de xaneiro de 1996, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio no libro de rexistro rexistro desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 28 de febreiro de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio Colectivo

Unidad de Vehículos Industriales, S.A.

(UNVI, S.A.)

1996

Artigo 1º.-Ambito territorial.

O presente convenio será de aplicación para a empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A. (UNVI, S.A.) e tódolos seus traballadores.

Artigo 2º.-Ambito persoal.

Queda comprendido neste convenio todo o persoal asalariado da Compañía UNVI, S.A., agás os que exerzan funcións de alta dirección ou alto consello e as persoas ligadas por contratos mercantís ou civís.

Artigo 3º.-Duración, prórroga e denuncia.

A duración do presente convenio será dun ano a partir do 1 de xaneiro de 1996 e prorrogarase de ano en ano se non se denuncia con tres meses de antelación ó remate da súa vixencia. A referida denuncia deberá facerse coa comunicación á que

fai referencia o artigo 89 do Estatuto dos traballadores. O texto do presente convenio será de obrigatorio cumprimento mentres non sexa substituído por outro que no seu día se negocie.

Artigo 4º.-Garantía (ad personam).

As cantidades superiores pactadas a título persoal ou calquera outra mellora que teña establecida na empresa serán respectadas na súa totalidade.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As melloras do presente convenio poderán ser compensadas ou absorbidas con calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal en cómputo anual, agás que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 1.792 horas para o ano de vixencia, distribuídas a través de oito horas diarias de luns a venres. Os quince minutos de bocadillo contaranse como xornada efectiva de traballo.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións anuais consistirán no desfrute de 30 días naturais que se desfrutarán preferentemente no mes de agosto.

A nómina correspondente ó período de desfrute de vacacións será de igual á dunha mensualidade normal de traballo.

O traballador en situación de IT ó comezo do período vacacional poderá recupera-los días de vacacións nos que se encontrase en situación de baixa por IT, ata un máximo de 15 días.

A empresa queda facultada para investigar e inspecciona-la realidade da situación de baixa por IT.

O período de vacacións interromperase no suposto de que o traballador contraia matrimonio no período vacacional.

Artigo 8º.-Salarios.

Para 1996 os salarios aumentarán un 2% sobre as táboas vixentes o 31 de decembro de 1995, e farase efectivo na nómina de abril, con efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 1996.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade por quinquenios, en contía do 6% do salario base.

Artigo 10º.-Plus de transporte.

Aboarase un plus de transporte por día efectivamente traballado na contía de 159 ptas.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias pagadoiras antes do 15 de xullo e outra antes do 22 de decembro, consistentes no aboamento do salario base máis a retribución voluntaria complementaria, iguais ás correspondentes a unha mensualidade normal de traballo.

Artigo 12º.-Gastos de desprazamento.

Os gastos de desprazamento serán aboados pola empresa, logo da súa xustificación.

Artigo 13º.-Licencias e excedencias.

O réxime de licencias acomodarase ó disposto nos seguintes apartados:

-Por matrimonio: 15 días naturais.

-Por nacemento de fillo: 4 días naturais.

-Por matrimonio de fillos: 2 días naturais.

-Por morte ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, irmáns, pais políticos, avós, netos e fillos, o tempo indispensable cun mínimo de 2 días naturais.

-Por morte de tíos políticos: 1 día natural.

-Por morte de irmáns políticos, avós políticos e tíos: 2 días naturais.

-Por morte dun sobriño: 1 día natural.

-Por exames o tempo necesario con xustificación.

-Por parto da muller traballadora, haberá que aterse á lexislación vixente.

En caso de que o feito causante ocorrese fóra da provincia, corresponderá un día natural máis ós previstos.

O traballador que teña ó seu cargo algún diminuído físico ou psíquico terá dereito a unha reducción de xornada de polo menos 1/3, coa correspondente reducción salarial.

O traballador terá dereito, con xustificación, ós necesarios períodos de ausencia ó traballo, cando se someta a técnicas de fertilización legalmente autorizadas ou de esterilización.

Para tódolos efectos deste artigo, entenderase por enfermidade grave, sempre que exista necesidade de hospitalización, intervención cirúrxica, necesidade de acompañante e sempre que así sexa cualificado polo facultativo correspondente.

Artigo 14º.-Incapacidade temporal (IT).

O traballador en situación de IT percibirá nos 45 primeiros días da dita situación o 100% do salario cotizable dun mes, agás en caso de accidente laboral en que se percibirá o 100% a partir do primeiro día. O dito complemento aboarase tamén na súa parte proporcional nas pagas extraordinarias.

A mellora de prestacións incluída no parágrafo anterior só operará cando o absentismo non supere o 4%, sen que teñan en conta o cómputo da dita porcentaxe os procesos de longa enfermidade e accidente laboral. Nos casos en que non entre en xogo a mellora de prestacións, seguirase o sinalado pola lexislación vixente.

Artigo 15º.-Póliza de seguros.

A empresa deberá concertar con primas íntegras ó seu cargo unha póliza de seguros que cubra as seguintes indemnizacións:

-Falecemento por causa natural, mesmo enfermidade profesional: 750.000 ptas.

-Invalidez permanente total ou absoluta por causas naturais ou por enfermidade profesional: 750.000.

-Falecemento por accidente laboral ou común: 3.000.000 de ptas.

-Invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez por accidente laboral ou común: 3.000.000 de ptas.

Artigo 16º.-Seguridade e hexiene.

A empresa obrígase ó cumprimento inexcusable das normas sobre seguridade e hixiene acomodando a súa actuación ó prevido na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 17º.-Comisión mixta paritaria.

Constitúese unha comisión mixta paritaria de interpretación e cumprimento do convenio, integrada polos membros do comité de empresa e os membros da dirección da empresa que interviñesen na negociación do convenio, e que terá como función a interpretación e vixilancia do cumprimento do pactado.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

A empresa entregará desde o primeiro día de traballo a roupa de protección e hixiene necesaria segundo a lexislación vixente.

O persoal obreiro percibirá dúas fundas ou pezas semellantes ó entrar no traballo por primeira vez e unha máis cada seis meses.

Nos postos en que se necesite calzado especial por motivos de seguridade, a empresa facilitarao, fixando a comisión mixta o número de pares que sexan necesarios no ano.

Os productores que realicen traballos especiais, que serán definidos pola comisión mixta paritaria, recibirán unha funda máis cada catro meses. O persoal administrativo terá o mesmo dereito a pezas de roupa asimilables ás súas funcións, sempre que así o soliciten persoalmente.

Disposición derradeira

En todo o non previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto na ordenanza laboral para as industrias siderometalúrxicas, no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, a Lei orgánica de liberdade sindical e as demais disposicións de legal aplicación.

Anexo. Táboa salarial

Táboa salarial 1996

CategoríasSub-Cat. ASub-Cat. B

Persoal obreiro

Peón3.3473.236
Especialista3.3743.264
Oficial de 3ª3.4223.312
Oficial de 2ª3.4843.374

CategoríasSub-Cat. ASub-Cat. B

Oficial de 1ª3.5743.464
Traballador menor de 18 anos3.3473.236

Persoal subalterno

Almaceneiro3.3123.236
Probador3.4503.374
Listeiro3.3873.312
Recepcionista3.3123.236
Vixilante3.3123.236
Ordenanza3.3123.236
Porteiro3.3123.236
Conserxe3.3123.236
Chofer turimo3.4503.374
Chofer camión3.5383.464
Telefonista3.3873.312

Persoal técnico

Mestre taller4.1874.112
Xefe de taller4.3084.234
Encargado4.1874.112
Titulado medio4.3084.234
Titulado superior4.4994.424
Delin. proxectista4.0403.966
Delineante 1ª3.5383.464
Calcador-Reprod.3.3873.312
Delineante 2ª3.4503.374
Controlador3.4503.374
Tec. Organiz. 1ª3.5363.464
Tec. Organiz. 2ª3.4503.374
Aux. Organiz. 1ª3.3873.312
Aux. Organiz. 2ª3.3393.264

Persoal administrativo

Aux. administración3.3873.312
Oficial Admvo. 1ª3.5383.464
Oficial Admvo. 2ª3.4503.374
Viaxante ou vendedor3.3873.312
Xefe Admvo. 1ª3.5893.515
Xefe Admvo. 2ª3.5383.464
Caixeiro3.3873.312
Xefe almacén3.5383.464
Xefe contabilidad3.5893.515
A.T.S.4.3084.234
Traductor idiomas3.4503.374
Programador3.4503.374
Analista3.4503.374

3094