Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial da modificación puntual da zona 3 do SU_28, por instancia de Saogal, S.L.

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 12 de abril de 1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense na zona 3 do SU-28, presentada por Saogal, S.L., ó abeiro dos informes que constan no expediente.

En virtude do artigo 128 do Regulamento de planeamento sométese a información pública polo prazo dun mes, que empezará a contar desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Durante o citado período poderanse deduci-las alegacións pertinentes.

Ourense, 17 de abril de 1996.

O alcalde

Rubricado

9602477