Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

O Concello de Nigrán, en sesión plenaria celebrada o pasado día vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, aprobou as seguintes:

Bases xerais das convocatorias para cubrir prazas de funcionarios e persoal laboral fixo.

1. Obxecto das convocatorias. Será a provisión das prazas funcionarios pertencentes ás escalas, subescalas, clases e grupos de titulación, ou de persoal laboral fixo que se detallen nas bases específicas.

2. O sistema selectivo. Será o que se determine nas bases específicas correspondentes.

3. Requisitos dos aspirantes. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español, sen prexuízo do previsto na Lei 17/1993, do 23 de decembro.

b) Ter 18 anos de idade e non exceder de 55 na data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes, excepto que por disposición legal ou regulamentaria se estableza unha idade de xubilación distinta dos 65 anos ou unha idade máxima determinada para o ingreso.

c) Posuí-lo título que se fixe nas bases específicas ou poder obtelo antes de que finalice o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, comunidades autónomas ou Administración local, nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

No caso de funcionarios, os aspirantes que concorran pola quenda de promoción interna deberán ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala á que pertenzan e reuni-los demais requisitos esixidos na convocatoria.

Tódolos aspirantes enumerados nestas bases deberán posuírse o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento do nomeamento ou da formalización do contrato.

4. Solicitudes. As instancias polas que se solicita tomar parte no proceso selectivo, nas que os aspirantes manifestarán que reúnan tódalas condicións e requisitos esixidos na base III, dirixiranse ó alcalde-presidente da corporación e presentaranse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado ou Diario Oficial de Galicia.

Cando o sistema selectivo sexa o de concurso ou concurso-oposición, os aspirantes deberán presentar xunto coa solicitude e, en todo caso, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación, en orixinal ou copia auténtica, acreditativa dos méritos que aleguen, dos establecidos no correspondente baremo.

Á solicitude unirase carta de pagamento, acreditativa do ingreso na tesourería municipal deste concello da cantidade seguinte en concepto de dereitos de exame:

Postos dos grupos A e B ou asimilados: 2.500 ptas.

Postos dos grupos C, D e E ou asimilados: 1.500 ptas.

Se o pagamento se fai por outros medios admitidos, como xiro postal ou telegráfico, os solicitantes acompañarán á súa instancia copia do xustificante.

5. Admisión. Expirado o prazo de presentación de instancias, o alcalde-presidente deste concello dictará resolución pola que se declara aprobada a lista de admitidos e excluídos, a designación do tribunal cualificador e a orde de actuación dos aspirantes, así como o lugar e data de comezo das probas ou exercicios, o que se publicará no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, cun prazo de dez días hábiles para emendas.

A publicación da antedita resolución no BOP será determinante dos prazos para efectos de posibles impugnacións, recusacións ou recursos.

6. Tribunais cualificadores. Salvo que as bases específicas dispoñan outra cousa por aplicación dunha norma que así o estableza, os tribunais cualificadores estarán integrados polos seguintes membros:

A) Prazas de funcionarios:

Presidente: o da corporación o membro desta en quen delegue.

Vocais:

-Un representante designado pola Comunidade Autónoma.

-Un delegado de persoal.

-Un funcionario con responsabilidade na área á que pertenza o posto.

-Un técnico ou especialista na materia, preferentemente funcionario da corporación.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

B) Prazas de persoal laboral fixo:

Presidente: o da corporación ou membro en quen delegue.

Vocais:

-Un, designado pola representación dos traballadores.

-Un concelleiro da oposición.

-Dous técnicos ou especialistas na materia, designados, preferentemente entre persoal do concello.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

C) Normas comúns:

O tribunal quedará integrado, ademais, polos suplentes respectivos.

Os vocais do tribunal deberán posuír titulación igual ou superior á vista esixida para o acceso ás prazas convocadas. No caso de que ningún delegado de persoal posúa a titulación necesaria, os delegados de persoal designarán a un funcionario de carreira que cumpra a dita condición.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

Os membros do tribunal deberán absterse de forma parte do mesmo cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes, de se-lo caso, poderán recusa-los membros do tribunal cando se dean as mencionadas circunstancias.

O tribunal podera dispoñer, cando resulte necesario, a incorporación ós seus traballos especialistas, limitándose os ditos asesores a prestala súa colaboración técnica.

As indemnizacións por asistencias dos membros do tribunal efectuaranse segundo o disposto na normativa correspondente.

O tribunal, ou no seu defecto o presidente deste, designará a dous concelleiros, un deles da oposición, que poderán ser presentes nas actuacións do tribunal, con voz e sen voto.

7. Comezo e desenvolvemento das probas. A data, lugar e hora para o comezo das probas, será a que figure no anuncio que se publicará no BOP e no

taboleiro de edictos da Casa do Concello xunto coa designación do tribunal e a relación de admitidos e excluídos.

O tribunal poderá convocalos aspirantes para a lectura, en sesión pública, dos exercicios escritos.

Unha vez iniciados os procesos selectivos, os sucesivos anuncios da celebración das restantes probas e o seu resultado, así como a lista final de aprobados, publicarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

8. Exercicios, méritos e sistema de cualificación. Son os que se detallen para cada caso nas bases específicas. A puntuación de cada aspirante nas distintas probas será o resultado da media artimética das puntuacións outorgadas polos membros do tribunal.

Nos casos de concurso-oposición ou concurso determinaranse nas bases específicas os méritos e a súa correspondente valoración.

A fase de concurso, e a publicación do seu resultado, será previa ó inicio da oposición e non terá carácter eliminatorio, nin poderá terse en conta para supera-las probas da fase de oposición.

9. Proposta de nomemamento ou contratación. Terminada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación dos propostos por orde de puntuación final, e non poderán estes supera-lo número de prazass convocadas. A dita proposta elevarase á presidencia da corporación para que dicte as resolucións pertinentes.

Nas bases específicas poderá considerarse un período de prácticas ou curso selectivo.

10. Achega de documentos. Os aspirantes propostos para ocupa-las prazas convocadas presentarán dentro do prazo de 20 días naturais, contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e demais requisitos esixidos na base III da convocatoria.

Os que no prazo indicado, e salvo en casos de forza maior, non presenten a documentación citada, non poderán ser contratados, e quedar anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia.

Os que teñan a condición de persoal ó servicio das administracións públicas non precisarán xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-la súa condición, debendo presentar unicamente, certificación do organismo do que dependan, acreditando súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente.

11. Nomeamento e toma de posesión, ou contratación. Unha vez aprobadada a proposta, presentada a documentación e superado no caso dos funcionarios, o período de prácticas ou curso selectivo, se así estivera previsto, os aspirantes propostos serán nomeados funcionarios de carreira ou serán contratos laboralmente, segundo o caso, se a documentación

presentada está conforme co que determina a base III da convocatoria, debendo tomar posesión do cargo ou suscribi-lo correspondente contrato no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación da aprobación da proposta.

Quen non tome posesión ou non subscriba o contrato dentro do referido prazo, sen causa xustificada, perderá o dereito a acceder ó posto de traballo.

12. Incidencias. A convocatoria, as súas bases, e cantos actos administrativos destas se deriven, e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados, nos casos, termos, e forma previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten, e toma-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo.

13. Dereito supletorio. En todo o non previsto por estas bases haberá que aterse disposto no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, no Regulamento de ingreso do persoal ó servicio da Administración do Estado e no de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais lexislación aplicable por razón da materia.

Nigrán, 12 de marzo de 1996.

José Villar Pereira

Alcalde

9603051