Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/106-3 A.T.).

Os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e artigo 10 do Decreto 2619/1966, ambos do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de alta tensión, cuyas características principais se sinalan a continuación:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Situación: O Carballiño.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio no sector, segundo o Plan MEGA.

Características principais: subestación transformadora do Carballiño situada no Polígono da Uceira composta por dous módulos de liña para 132 kV, módulo de protección de transformación de potencia, un transformador trifásico de 15 MVA e relación de transformación 132/20 kV, un módulo de saída de liñas a 20 kV para cinco saídas e barras de 132 kV.

Orzamento: 324.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4º, Ourense), e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 26 de marzo de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2789