Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 25 de abril de 1996 Páx. 3.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/105-3 A.T.).

Os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e artigo 10 do Decreto 2619/1966, ambos do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de alta tensión, cuyas características principais se sinalan a continuación:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Situación: A Rúa.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio no sector, segundo o Plan MEGA.

Características principais: subestación transformadora da Rúa composta por dous módulos de liña para 132 kV, módulo de protección de transformación de potencia, un transformador trifásico de 15 MVA e relación de transformación 132/20 kV, un módulo de saída de liñas a 20 kV para cinco saídas e barras de 132 kV.

Orzamento: 324.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4º, Ourense), e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 26 de marzo de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9602860