Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso, procedemento aberto, a contratación da subministración do amoblamento de bibliotecas públicas municipais de nova creación nas localidades das Pontes de García Rodríguez e Corcubión (A Coruña), Riós e A Bola (Ourense), Tirán-Moaña (Pontevedra).

A Consellería de Cultura, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, a subministración que se cita:

-Amoblamento de bibliotecas públicas municipais de nova creación nas localidades das Pontes de García Rodríguez e Corcubión (A Coruña), Riós e A Bola (Ourense), Tirán-Moaña (Pontevedra).

Orzamento de licitación: 7.046.010 ptas. (sete millóns corenta e seis mil dez pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Clasificación requirida: non se esixe.

Fianza provisional: 140.920 ptas. (cento corenta mil novecentas vinte pesetas).

Exposición do proxecto: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

2878