Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 18 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación que se cita (expediente 5893).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Ingemarga, S.A., con enderezo na estrada ó Camp. Mil. de Parga, 27300 Guitiriz (Lugo), presentou nesta delegación provincial o día 18 de xaneiro de 1996, instancia-solicitude do permiso de investigación Pena de Rey de 206 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Friol e Lugo, á que lle correspondeu o número 5893 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 41' 00''43º 02' 00''
2-7º 37' 00''43º 02' 00''
3-7º 37' 00''43º 01' 40''
4-7º 35' 40''43º 01' 40''
5-7º 35' 40''43º 01' 00''
6-7º 35' 00''43º 01' 40''

VérticeLonxitudeLatitude

7-7º 35' 00''42º 57' 00''
8-7º 36' 20''42º 57' 00''
9-7º 36' 20''42º 58' 00''
10-7º 40' 20''42º 58' 00''
11-7º 40' 20''43º 00' 00''
12-7º 42' 00''43º 00' 00''
13-7º 42' 00''43º 00' 20''
14-7º 40' 40''43º 00' 20''
15-7º 40' 40''43º 01' 20''
16-7º 41' 00''43º 01' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 18 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602776