Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 15 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación que se cita (expediente 5884).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Excansa, con enderezo na rúa Ruiz de Alda, 3-entresollado, 27003 Lugo, presentou nesta delegación provincial o día 12 de abril de 1995, instancia-solicitude do permiso de investigación Jacqueline de 4 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, calcarias, que se sitúa no concello de Samos, da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 5884 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 16' 20''42º 42' 00''
2-7º 15' 00''42º 42' 00''
3-7º 15' 00''42º 41' 40''
4-7º 16' 20''42º 41' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 15 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602897