Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 13 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación que se cita (expediente 5873).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Pizarras Veira do Río, S.L., con enderezo na Veiga, 3, 27744 Riotorto, presentou nesta delegación provincial o día 14 de marzo de 1994, instancia-solicitude do permiso de investigación Amplicación Ás Revas de 19 cuadrículas mineiras para recursos de lousa, que se sitúa nos concellos de Lourenzá e Mondoñedo, da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 5873 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 19' 20''43º 25' 40''
2-7º 17' 40''43º 25' 40''
3-7º 17' 40''43º 24' 20''
4-7º 18' 40''43º 24' 20''
5-7º 18' 40''43º 25' 00''
6-7º 19' 00''43º 25' 00''
7-7º 19' 00''43º 24' 40''
8-7º 18' 40''43º 24' 40''
9-7º 18' 40''43º 24' 20''
10-7º 19' 20''43º 24' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 13 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602896