Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica, en cumprimento da normativa vixente, a notificación enviada no seu día do trámite de audiencia correspondente á resolución do contrato da obra RC-AC-93.02 S.T.S. e selado asfáltico na estrada LC-153. Ramal de N-VI a Irixoa, p.k. 29,444/33,545 e debido á devolución polo servicio de correos por non ser posible a entrega desta comunicación.

Por medio desta cédula notifícalle ó interesado Construcciones y Obras Garea, S.L., con último enderezo coñecido en Ledoira, Frades, A Coruña, o escrito enviado para darlle cumprimento ó disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo que se lle daba un prazo de dez días para que examinase e, de se-lo caso, formulase as alegacións e presentase cantos documentos estimase pertinentes na xustificación e defensa dos seus dereitos e intereses no expediente de resolución da obra RC-AC-93.02 que se lle adxudicou no seu día.

Fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para alega-lo que considere conveniente durante os 15 días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula para tal efecto o expediente encóntrase á súa disposición, para a súa consulta, no Servicio Provincial de Contratación, praza de Luis Seoane, s/n, 8º andar, A Coruña.

A Coruña, 26 de marzo de 1996.

P.O. (Orde 30-1-1996)

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

9602738