Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das asistencias técnicas que se citan (clave OH.088.138/A.T. e tres máis).

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para a realización do proxecto de tres estacións de aforo nos ríos das concas de Galicia-Costa.

Clave: OH.088.138/A.T.

Orzamento: vinteún millóns novecentas corenta e oito mil trescentas sesenta pesetas (21.948.360).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría b.

2. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de abastecemento de auga na marxe dereita da ría de Arousa-segunda fase (A Coruña).

Clave: OH.215.376/A.T.

Orzamento: catorce millóns cincocentas corenta e nove mil catrocentas dezaseis pesetas (14.549.416).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría b.

3. Asistencia técnica para a mecanización do libro de rexistro de augas de Galicia-Costa.

Clave: OH.088.139/A.T.

Orzamento: vinteseis millóns setecentas cincuenta mil pesetas (26.750.000).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría b.

4. Asistencia técnica para a elaboración dos traballos previos do proxecto do encoro de Acheiro. (Laracha-A Coruña).

Clave: OH.115.339/PRE.

Orzamento: vinte millóns catrocentas corenta e sete mil catrocentas cincuenta e unha pesetas (20.447.451).

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría b.

(Declaradas urxentes de acordo co establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interes para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescripcións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen os licitadores.

Esixirase unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou se enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás 12 horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.

(P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2689