Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 24 de abril de 1996 Páx. 3.832

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 142/1996, do 17 de abril, polo que se aproba a agrupación voluntaria dos concellos de Castro de Rei e Cospeito, da provincia de Lugo, para sostemento en común da praza de secretaría.

Os concellos de Castro de Rei e Cospeito, en sesións plenarias celebradas os días 23 e 30 de outubro de 1995, respectivamente, acordaron aproba-los estatutos de agrupación dos concellos de Castro de Rei e Cospeito para sostemento en común da praza de secretaría e elevaron o expediente á Xunta de Galicia para a súa aprobación.

As peculiares características dos concellos de Castro de Rei e Cospeito en canto á súa poboación, recursos ordinarios e situación xeográfica fan que se xustifique a constitución dunha agrupación para o sostemento en común dun posto único de secretaría.

O expediente axústase ó disposto nos artigos 2 e 3 do Real decreto 1732/1994, de 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, 35 e seguintes do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e 47.3 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora da bases do réxime local.

O expediente foi sometido a información pública polo prazo dun mes.

A Deputación Provincial de Lugo emitiu informe favorable.

A competencia para aproba-la constitución de agrupación de municipios para o sostemento en común dun posto único de secretaría correspóndelle á Xunta de Galicia, segundo o disposto no artigo 3.b do Real decreto 1732/1994, de 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de abril de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Aproba-la agrupación dos concellos de Castro de Rei e Cospeito para o sostemento en común dun posto único de secretaría, nos términos dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, dezasete de abril de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

3001