Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/208-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9º, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Formigueiro.

Situación: Laracha.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV en LA-30, de 544 m de lonxitude, que parte da L.M.T. Cillobre-Vilaño-A Piña e final no C.T. Formigueiro. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-2130