Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1996 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación da poxa polo procedemento aberto das obras de clave E/SC/96.20 e dous máis.

A) Obras.

1. Proxecto de construcción e acondicionamento da C-531. Treito: Forzáns-Areas.

Clave: E/SC/96.20.

Orzamento: setenta e cinco millóns novecentas cincuenta e oito mil setenta e unha pesetas (75.958.071).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.519.161 ptas.

2. Proxecto de construcción de mellora da capa de rodadura na N-540. Alto do Vieiro-Bande. Treito: Alto do Vieiro-Bande.

Clave: E/SC/96.30.

Orzamento: corenta e cinco millóns cincocentas trinta e catro mil cincocentas trinta e oito pesetas (45.534.538).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 910.691 ptas.

3. Proxecto de construcción peonilización da rúa do Paseo-Terminación.

Clave: E/SC/96.31

Orzamento: cincuenta millóns seiscentas sesenta e dúas mil cincocentas trinta e cinco pesetas (50.662.535).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e. Grupo I, subgrupo 1, categoría e.

Garantía provisional: 1.013.251 ptas.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

96-1532