Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

EDICTO do 5 de febreiro de 1996, da Secretaría da Delegación Provincial da Coruña, polo que se fan públicas as notificacións a diversos contribuíntes (Dolores Aradas Calza e douscentos vintecinco máis) das liquidacións practicadas ós ditos interesados.

Ó non seren atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación e, por conseguinte, non se pode levar a efecto a notificación pretentida ós contribuíntes que de seguido se relacionan, por medio do presente edicto notifícaselles para que no prazo que se indica seguidamente, determinado no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Decreto 1684/1990, do 20 de decembro, efectúen no Tesouro da Facenda Galega o ingreso da débeda tributaria polas liquidacións practicadas ós devanditos interesados e correspondentes ós impostos, anos e contías que se citan.

Prazos para efectua-lo ingreso.

Tendo en conta que a notificación se da por efectuada o día da publicación do presente edicto no DOG e en virtude do disposto no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

a) Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15, ambos inclusive, o prazo comprenderá ata o día 5 do mes seguinte, inclusive, ou o inmediato hábil posterior.

b) Se a publicación se realiza entre os días 16 e derradeiro do mes, inclusive, o prazo comprenderá

ata o día 20 do mes seguinte, inclusive, ou o inmediato hábil posterior.

c) As débedas non pagadas no período voluntario faranse efectivas por vía de constrinximento, de acordo co artigo 97 do invocado regulamento.

Formas de realiza-lo ingreso.

Mediante obriga de pagamento en calquera banco ou caixa de aforros autorizados (entidades colaboradoras) da delegación que practica esta liquidación.

Na caixa desta delegación:

1. En metálico.

2. Por cheque ou talón de conta corrente bancaria ou de caixa de aforros, conformado.

Recursos contra a liquidación.

-De reposición, no prazo de quince días a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto, diante do Servicio de Xestión Tributaria desta delegación.

-Reclamación económico-administrativa, no mesmo prazo, ou, se é o caso, do que se lle notificase, expresa ou tacitamente, a resolución do recurso de resposición (artigo 161 da Lei xeral tributaria) perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia.

A Coruña, 5 de febreiro de 1996.

Enrique Fernández Arias

Secretario da Delegación Provincial da Coruña

TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS E ACTOS XURÍDICOS DOCUMENTADOS

2990